Imagen Noticias

TIVO LUGAR EN TENERIFE UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA COLABORADORES E EMPRESAS ASOCIADAS

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad Muprespa, na súa Dirección Provincial de Santa Cruz de Tenerife, organizou o día 25 de abril de 2011 unha xornada informativa que contou coa presenza de colaboradores e empresas asociadas.

Esta foi presentada polo director provincial, Álvaro Morales Almenara, e foi moderada polo presidente do Colexio de Graduados Sociais de Santa Cruz de Tenerife, D. Pedro J. Hernández Reverón. Os temas tratados na xornada de referencia resultaron moi interesantes para todos os profesionais asistentes, que participaron de forma xeral nos debates que se abriron en cada un dos relatorios.

En primeiro lugar, o noso compañeiro Julio Santos, director de Relacións coa Rede, expuxo todo o relacionado coas novas prestacións que xestionan as MATEPSS.

A continuación, interveu Pedro Varona, técnico de prevención, que explicou a campaña do bonus 2010 e as facilidades que achega a nosa páxina web para a tramitación deste.

Julio Santos concluíu a quenda de relatorios da xornada animando os nosos colaboradores e empresas a utilizaren a nosa extranet e expoñendo as novas tramitacións posibles a través desta, como incidencias de pagamento delegado, tramitacións de risco de embarazo ou lactación, pagamento directo, obtención de probas diagnosticas por parte dos nosos pacientes, etc.

Por último, Álvaro Morales Almenara pechou o acto agradecendo ao numeroso público a súa asistencia, manifestando a intención de seguir realizando eventos deste tipo co apoio do Colexio de Graduados Sociais e outras institucións e animando a todos os presentes a asistir en futuras ocasións.



"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"