Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

TIVO LUGAR EN XIXÓN UNHA XORNADA INFORMATIVA ARREDOR DA EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  09/05/2011

Dentro das actividades realizadas arredor da exposición, Traballo e saúde: dende a protección á prevención, o pasado día tres de maio, na Laboral Ciudad de la Cultura de Xixón, tivo lugar unha xornada informativa que contou coa presenza de:

D. Pedro Fernandez Castaño, director provincial de Fraternidad Muprespa en Asturias, que presentou o acto e expuxo, entre outros aspectos, os relativos ao compromiso da Mutua coa prevención de riscos laborais e os numerosos aspectos relativos ás actividades que se veñen realizando de cara ás empresas e traballadores asociados, así como os estudos que se realizan dende a perspectiva estatística e epidemiolóxica, coordinando estratexias, desenvolvendo programas de prevención, identificando riscos e fomentando a promoción da saúde do traballador, identificando as posibles alteracións en relación cos riscos inherentes ao posto de traballo.

D. Antonio González Fernández, director xeral de Traballo, Seguridade Laboral e Emprego, centrou a súa intervención na excelente exposición que estes días podemos contemplar na Igrexa de La Laboral e a contribución desta na loita contra a sinistralidade.

D. Alejandro Cabrero Díaz, xefe da Unidade Especializada de Seguridade e Saúde Laboral da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Asturias, expuxo os diversos aspectos da normativa actual e a intervención da Inspección de Traballo, así como os plans e programas de actuación para o ano 2011, sempre dende o compromiso de redución da sinistralidade.

D.ª Esther Alonso Rodríguez, secretaria de Saúde Laboral da UGT de Asturias, pechou o acto recordando a importancia dunha loita real contra a sinistralidade que non sexa exclusivamente documentalista, baseándose en actuacións máis firmes por parte da administración e máis comprometidas no que afecta os empresarios.

XORNADA DE DIVULGACIÓN CAMPAÑA BONUS 2010 EN ASTURIAS


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir