Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

TIVO LUGAR EN PALENCIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  10/05/2011

Onte día 9 de maio Fraternidad Muprespa organizou en Palencia unha xornada en colaboración co INSS e o Colexio Oficial de Graduados Sociais.

Tivo lugar no Hotel Castilla Vieja de Palencia con grande asistencia de público.

Para a difusión da xornada utilizouse exclusivamente o correo electrónico e a rede social Facebook, prescindindo da impresión en papel e os convites de imprenta.

A presentación da xornada correu a cargo de Esther Urraca Fernández, presidenta do Colexio de Graduados Sociais de Palencia, que agradeceu a Fraternidad Muprespa o convite.

Ao rematar a súa intervención, deu paso á presentación dos servizos extranet para colaboradores e empresas. Realizou a exposición Javier Saldaña Arroyo, director provincial de Fraternidad Muprespa en Palencia.

Posteriormente, comezou unha mesa redonda sobre as "Novas prestacións a cargo das mutuas de accidente de traballo", na que participaron Ángel Herrero Asenjo, subdirector provincial de Incapacidades do INSS, quen fixo unha exposición sobre a prestación por cesamento dos traballadores autónomos, a prestación por risco de embarazo e lactación e a nova prestación para pais con fillos que padecen enfermidades graves, á que responderon cos seus comentarios, Julio Santos Palacios, director do Departamento de Relacións coa Rede de Fraternidad Muprespa e Jesús Francisco Fernández Durántez, vicepresidente do Colexio de Graduados Sociais de Palencia.

Clausurou a xornada a directora provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridad Social (TGSS) de Palencia, Lourdes Maté Barbero, con palabras de agradecemento para Fraternidad Muprespa.

Xornada de divulgación mutua Fraternidad Muprespa Palencia

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir