Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

PUBLICADO O NOVO NÚMERO DA REVISTA "A MUTUA" - NÚMERO 23

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  16/05/2011

Neste novo número da revista A Mutua, na súa nova etapa sobre soporte dixital, abordamos un tema tan candente como é O PAPEL DAS MUTUAS NO SÉCULO XXI.

Estase a debater nestes días a reforma da negociación colectiva, na que a figura das Mutuas está a xogar unha papel destacado.

Dende Fraternidad Muprespa, anticipándonos a esta situación, pareceunos interesante recoller os puntos de vista dos distintos protagonistas:

  • A Asociación de Mutuas de Accidentes (AMAT) a través do seu Director Xerente Pedro Pablo Sanz Casado.
  • Expertos en Dereito do Traballo e Seguridade Social como son os catedráticos Juan Vicente López Gandía e José Luis Tortuero Plaza.
  • As nosas empresas asociadas por medio de José María De Bona Numancia, Subdirector de Prevención Laboral e Acción Social de Iberia.
  • E dos grupos sindicais a través de Pedro Linares Rodriguez no seu artigo os "Sindicatos coa reforma das mutuas: unha materia pendente".

No Observatorio documental ofrecemos o artigo do noso profesional en fisioterapia, Matias Conde Quintero, sobre a terapia por láser de baixa potencia e a súa aplicación clínica.

Acompañando a este número pareceunos interesante incluír varios gravados do LIBRO DOS OFICIOS realizados por Jost Amman e pertencentes á edición facsímile da primeira latina Fráncfort del Meno do ano 1568 que se encontra na Biblioteca Nacional de España.

Esperamos que sexa do seu agrado.

Revista A Mutua número 23


VER O NOVO NÚMERO DA REVISTA

SUBSCRIBIRSE Á REVISTA "A MUTUA"

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir