Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

CELEBROUSE EN ASTURIAS UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  16/05/2011

No Excelentísimo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Asturias, en Oviedo, tivo lugar o pasado xoves 12 de maio unha Xornada informativa sobre a redución de cotizacións para diminución da sinestralidade (Bonus campaña 2010) e os servizos electrónicos que para empresas e colaboradores pon á súa disposición Fraternidad Muprespa.

A devandita xornada celebrouse no salón de actos do citado Colexio Oficial e contou coa presenza, de D. Pedro Fernández Castaño, Director Provincial de Fraternidad Muprespa de Asturias, que presentou o acto.

D. Esteban Mate de Miguel, Director do Departamento de Organización e Planificación, detallou os numerosos servizos que a través do extranet proporciona aos seus usuarios, así como as vantaxes da súa utilización e doado manexo desta.

D. José Beltrán García, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais centrou a súa intervención en describir as características do Sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais (Bonus), analizando o proceso de concesión do incentivo no seu conxunto e aclarando as dúbidas formuladas.

D. Francisco Martos Presa, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais, pechou o acto agradecendo aos relatores e ao público a súa presenza, salientando a importancia dos temas expostos, a claridade expositiva dos relatores e esperando que no futuro este tipo de colaboracións se repita e amplíe.

Xornada de divulgación mutua Fraternidad Muprespa en Asturias

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir