Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

CELEBROUSE EN GALICIA UNHA XORNADA PARA EMPRESAS DO SECTOR DA LOUSA

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  25/05/2011

A Mutua Fraternidad-Muprespa en Galicia, en colaboración coa Asociación Gallega de Pizarristas e a Sociedade de Prevención de FM, organizou o pasado martes día 24 de maio na localidade ourensana do Barco de Valdeorras, unha Charla- Coloquio sobre o tema "Análise da problemática das enfermidades profesionais no sector da lousa: punto de vista de prevención, económico e asistencial,"

A devandita xornada celebrouse no Centro Tecnológico de la Pizarra, sito en Sobradelo de Valdeorras e contou coa presenza dos representantes das principais Empresas do sector, encabezados por D. Víctor Cobo Arias e D. Severino González Álvarez, presidente e xerente respectivamente da Asociación Gallega de Pizarristas.

Presentou o acto D. Leandro de Justo Corcoba, delegado do Barco de Valdeorras, actuando como relatores D. Julio Santos Palacios, director do departamento Relacións coa Rede de Fraternidad Muprespa e D. Félix Villanueva Muñoz, coordinador médico da Sociedad Prevención de Fraternidad Muprespa.

Tras a exposición inicial sobre a problemática do aumento das enfermidades profesionais na zona, e en especial sobre a silicose, tivo lugar un animado debate no que se formularon os problemas e dúbidas máis importantes que preocupan ás empresas do sector.

Clausurou o acto D. Hugo Ezquerra Villegas, director provincial de Ourense, quen agradeceu a asistencia aos presentes e especialmente a D. Miguel Ángel Serna Galán, director territorial de Galicia e Asturias de Fraternidad Muprespa, a D. Miguel del Río López directores territorial e provincial da Sociedad de Prevención Fraternidad Muprespa respectivamente, así como a D. Javier Romero Bandeira e a D. Miguel Núñez de Prado, novo delegado da SPFM en Ourense.

Os asistentes fixeron constar a súa satisfacción polo desenvolvemento da xornada e o seu interese por que se poidan repetir nun futuro iniciativas similares. Finalmente, algúns dos asistentes mostraron a súa curiosidade por visitar in situ unha das canteiras de lousa da zona e dar a coñecer de primeira man os riscos e peculiaridades da actividade que desenvolven.

Xornada de divulgación Fraternidad Muprespa en Ourense

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir