Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

CELEBROUSE EN SEVILLA UNHA XORNADA DIVULGATIVA COA COLABORACIÓN DO INSS E AEDIPE

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  27/06/2011
 

O pasado martes 21 de xuño, Fraternidad-Muprespa celebrou en Sevilla unha Xornada na que contou coa colaboración do INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social) e AEDIPE (Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas).

A apertura e moderación do acto correu a cargo de Dª. Lola Jariego Oyola, directora provincial de Fraternidad-Muprespa en Sevilla e D. Antonio Barba Gálvez, presidente de AEDIPE en Andalucía. Actuaron como relatores  D. Camilo Hernández León, director provincial do INSS en Sevilla, D. Julio Santos Palacios, director do departamento de relacións coa Rede de Fraternidad-Muprespa e D. José Mª de Ancos Benavente, subdirector xeral de Xestión de Fraternidad-Muprespa.

Debido á dilixencia coa que a mutua organizou esta xornada para tratar as últimas novidades lexislativas, (reforma do Sistema de Pensións, reforma da Negociación Colectiva e a Incapacidade Temporal, unha reforma aberta) recibíronse moitas felicitacións por parte dos asistentes. A grande afluencia e colaboración destes últimos contribuíu ao éxito desta.

O acto foi clausurado por D. Manuel Luque Berlanga, director territorial de Fraternidad-Muprespa en Andalucía.

CELEBROUSE EN SEVILLA UNHA XORNADA DIVULGATIVA COA COLABORACIÓN DO INSS E AEDIPE


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir