Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FRATERNIDAD-MUPRESPA APOSTA POLA XUVENTUDE E O TALENTO CO NOMEAMENTO DE NATALIA FERNÁNDEZ LAVIADA

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de comunicación y Servicio a Asociados
Data:  12/08/2011
Mutua Fraternidad-Muprespa - Natalia Fernandez Laviada

 

Fraternidad-Muprespa nomeou Natalia Fernández Laviada como subdirectora xeral de Organización e Rede. Fernández Laviada desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional en Fraternidad-Muprespa, primeiro na xestión de servizos externos e posteriormente como directora provincial de Cantabria, posto que abandona para sumarse ao Comité Directivo da Entidade, primeiro nivel de responsabilidade da Mutua.

Licenciada en Dereito, Máster en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades e Posgraos, en Organización e Innovación, na Xestión de empresas e en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios pola Universidade de Cantabria. Na súa traxectoria profesional, a pesar da súa xuventude (40 anos), impartiu múltiples conferencias e seminarios para a formación de directivos de RRHH. Esta experiencia dótaa dunha profunda visión sobre a realidade empresarial que lle permitirá promover solucións ás necesidades que as empresas requiren da Mutua e impulsar melloras no funcionamento interno da organización e na relación coas empresas mutualistas, traballadores adheridos e colaboradores de Fraternidad-Muprespa.

A confianza que Fraternidad-Muprespa deposita en Natalia Fernández Laviada co seu nomeamento, é froito da política de recoñecemento do mérito sumada á política de igualdade da Entidade, de apostar polo talento no seo da organización, a profesionalidade, a xuventude e a experiencia.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir