Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

TIVO LUGAR EN VIGO A XORNADA SOBRE A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NA SEGURIDADE SOCIAL E NOVIDADES NORMATIVAS

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de Comunicación y servicios a asociados
Data:  18/11/2011

O pasado 16 de novembro en Vigo, contando coa colaboración do INSS, a TXSS e o Colexio de Graduados Sociais, tivo lugar a xornada "A administración electrónica na Seguridade Social e novidades normativas", nas instalacións do Colexio Oficial Graduados Sociais de Pontevedra.

A presentación da xornada correu a cargo de D.ª Marisol Martín Lumbreras, directora provincial do INSS de Pontevedra, e D. Ramón Benito Blanco Vázquez, director provincial da TXSS de Pontevedra, que agradeceron a colaboración entre entidades nestes foros de comunicación e información e trasladaron o esforzo de todos na aplicación e desenvolvemento das novidades en Administración Electrónica.

Realizou a moderación D.ª Purificación Silva Martínez, vogal do Colexio de Graduados Sociais. Os relatorios foron realizados por:

  • D. Carlos Martínez Gómez, xefe de Servizo da Unidade Provincial de Informática da TXSS de Pontevedra. Centrouse nesta, e expuxo as últimas novidades da páxina web de forma práctica e concisa.
  • D. José María Arranz Rodríguez, xefe de Sección de Coordinación de CAISS da Dirección Provincial do INSS de Pontevedra. Expuxo a aplicación TALES, tramitación electrónica de solicitudes de prestacións e novidades telemáticas; ferramenta áxil e rápida pero moi descoñecida polos xestores e graduados.
  • D. Julio Santos Palacios, director de Relacións coa Rede de Fraternidad-Muprespa, que realizou unha presentación da Mutua e expuxo unha completa disertación sobre o portal web e a extranet de Fraternidad-Muprespa.
  • D. Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo, que na súa brillante exposición tratou as novidades relacionadas cos aspectos de Seguridade Social e prevención de riscos laborais na Lei de xurisdición social 36/2011 do 10 de outubro. Salientou que completa a modernización procesual na orde social, racionalizando e fixando un novo texto normativo consolidado e actualizado en relación coa realidade da organización actual do traballo.

A clausura correspondeu a D. Andrés F. Ortigueira Núñez, delegado de Fraternidad-Muprespa en Vigo, que describiu os factores diferenciadores como Mutua de referencia no sector e o Plan Estratéxico, que busca a excelencia e acadar así a misión de Fraternidad-Muprespa. Finalmente, trasladou os agradecementos aos relatores e colaboradores polo seu apoio absoluto e aos asistentes que enchían o salón de actos; pois a xornada non tería sentido sen a súa presenza.

 

Xornada informativa en Vigo
  
EVENTO DA XORNADA SOBRE A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NA SEGURIDADE SOCIAL E NOVIDADES NORMATIVAS


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir