Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

CLAUSURA EN SANTANDER DA EXPOSICIÓN ITINERANTE TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. Prevención AT e EP
Data:  23/11/2011
 

O pasado venres clausurouse en Santander a exposición "Traballo e Saúde. Dende a protección á prevención", na que colaboraron xunto á Fundación Largo Caballero, a mutua Fraternidad-Muprespa  e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

A exposición, que iniciou a súa andaina en Albacete, en outubro de 2010, percorreu seis cidades, Albacete, Bilbao, León, Xixón, Salamanca e Santander, de cinco Comunidades Autónomas diferentes, mostrando nas súas itinerancias, 286 documentos, 71 obxectos e 129 fotografías.

Sen dúbida tratouse dunha exposición pioneira pola cantidade de testemuños históricos de variada procedencia relacionados coa historia do traballo, a saúde en España, os movementos sociais, os cambios lexislativos e as condicións laborais que se sufriron no país dende 1900. Un exercicio didáctico sobre o desenvolvemento industrial, produtivo e laboral -en todos os seus aspectos- ao longo dos séculos. Por iso, esta exposición foi un referente para centros formativos, profesionais e expertos das materias aquí expostas, técnicos do ámbito sanitario, da prevención e dos movementos sociais.

A clausura, acorde coa traxectoria que tivo a exposición, tivo un grande aforamento. No devandito acto interviñeron, entre outros: Dª Cristina Mazas, conselleira de Economía, Facenda e Emprego do Goberno de Cantabria; D. Jesús Pérez Martínez, presidente Fundación Francisco Largo Caballero; Dª Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Organización e Rede de Fraternidad-Muprespa e Dª Marisa Rufino, secretaria de Saúde Laboral de UGT.

O comisario da exposición D. Emili Castejón Vilella pronunciou unha interesante conferencia sobre "A realidade da actuación preventiva na empresa española".

Participaron nunha animada mesa redonda, D. Miguel Ángel Gálvez, xefe provincial da Inspección de Traballo e S.S., Dª Conchita González Puerta, CEOE-CEPYME de Cantabria; D. Gabriel Pérez, director territorial da Sociedad de Prevención Fraternidad-Muprespa; D. José Luis Hernando de las Heras, secretario de acción sindical de UGT e  D. Amalio Sánchez Grande, director do Instituto Cántabro de Seguridad y Salud en el Trabajo de Cantabria.

Puxeron punto final á andaina da exposición Dª. Rosa Mª del Castillo, directora xeral de Traballo de Cantabria; Dª. Mª Jesús Cedrún, secretaria xeral de UGT-Cantabria e D. Cándido Méndez, secretario xeral da UGT.


  EXPOSICIÓN - TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir