Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO: TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. Prevención AT e EP
Data:  02/04/2012
TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS

28 Abril 2012 - TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS

Cartel de 28 de abril de 2012 da mutua Fraternidade-Muprespa

CONMEMORACIÓN DO 28 DE ABRIL

Dende 1996 os sindicatos a nivel mundial veñen conmemorando ás vítimas dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais o día 28 de abril de cada ano.

A partir do ano 1999, e por proposta da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, por Orde do 30 de marzo de 1999, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social do noso país estableceu, como Día da Seguridade e Saúde no Traballo, o 28 de abril de cada ano.

Dende o ano 2003 a OTI, Organización Internacional de carácter tripartito, aceptou a iniciativa das organizacións sindicais e converteuna nunha xornada anual a nivel mundial, promovida para chamar a atención sobre os accidentes e enfermidades provocadas polo traballo, para a súa redución e eliminación no mundo.

Arredor da devandita data centos de organizacións a nivel nacional e internacional realizan declaracións, promoven diversos tipos de actos, propoñen e desenvolven actividades, que leven á reflexión de todos os cidadáns, as institucións e organizacións máis relacionadas co problema.

A información e a máxima extensión da conmemoración deben cumprir un papel crucial en todas as actividades, xa que a intención prioritaria é chegar ao máximo número de persoas e institucións, para fomentar a preocupación e acción ante este problema e para impulsar as medidas que conduzan á súa solución. A elección de lemas ten o propósito de sintetizar o obxectivo nunha mensaxe que permita a máxima eficacia comunicativa no resultado perseguido.

CARTEL DE FRATERNIDADE-MUPRESPA PARA O 28 DE ABRIL

Aproveitando o inicio da próxima edición da campaña Lugares de traballo saudables 2012-2013 da Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo e como membros da Rede Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, adoptamos o lema desta, 'Traballando xuntos para a prevención de riscos', para o deseño do cartel deste ano.

'Traballando xuntos para a prevención de riscos' pon a atención na idea de liderado na xestión da prevención e da participación dos traballadores na seguridade e a saúde no traballo.

O liderado e a participación están simbolizados no noso cartel polo equipo constituído por empresarios, mandos, traballadores e delegados de prevención, polas distintas figuras do xadrez, que loitan conxuntamente para gañar a partida aos riscos no traballo simbolizados polos sinais de perigo, que é o adversario. O traballo en equipo sempre é máis efectivo, polo que van gañando a partida que está xa avanzada, eliminando os riscos que saíron do taboleiro.


Cartel do día mundial da seguridade e a saúde no traballo - Fraternidade-Muprespa

A Organización Internacional do Traballo (OIT)

Axencia Europea para a Saúde e a Seguridade no traballo (web oficial do día 28 de abril 2012 )

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir