Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

LA MUTUA FRATERNIDADE MUPRESPA CELEBROU EN BURGOS UNHA XORNADA SOBRE OS ASPECTOS CRÍTICOS DA REFORMA DO MERCADO LABORAL

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación
Data:  18/04/2012

O pasado 17 de abril, a Mutua Fraternidade-Muprespa, celebrou, xunto ao colexio Oficial de Graduados Sociais de Burgos, unha xornada informativa sobre "Os Aspectos críticos do Real Decreto Lei 3/2012 de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral".

O presidente do Colexio de Graduados Sociais de Burgos, D. Antonio Marañón, realizou a presentación da xornada que proseguiu cos relatorios sobre "A contratación e flexibilidade Interna na Lei de reforma do mercado laboral" a cargo de D. Antonio Sempere, catedrático de Dereito do Traballo da Universidade Rei Juan Carlos, e "Cuestións polémicas en torno á nova regulación dos despedimentos" a cargo da Excma. Sr.a . María Luisa Segoviana, maxistrada da Sala do Social do Tribunal Supremo.

Os dous relatorios resultaron de grande interese para os alí presentes, e D. Julio Santos, director do Departamento de Relacións coa Rede, moderou o debate que se suscitou tras estas.

Clausurou a xornada, Dª. Carolina de Miguel, directora provincial de Burgos, quen agradeceu a todos os presentes a súa asistencia ao evento, ao Colexio de Graduados Sociais a súa disposición para a organización da xornada, e sinalou o compromiso de converternos na Mutua de referencia.

A convocatoria foi todo un éxito, dada a enorme participación de empresarios, colaboradores, e institucións máis importantes da provincia.

A MUTUA FRATERNIDADE MUPRESPA CELEBROU EN BURGOS UNHA XORNADA SOBRE OS ASPECTOS CRÍTICOS DA REFORMA DO MERCADO LABORAL

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir