Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NUNHA XORNADA EN HUESCA SOBRE "APLICACIÓNS PRACTICAS DA REFORMA LABORAL. O PAPEL DAS MUTUAS DE ACCIDENTE NA XESTIÓN DO ABSENTISMO LABORAL"

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación
Data:  11/06/2012

A xornada tivo lugar na sede da Confederación Empresarial Oscense (CEOS) de Huesca.

Tras a presentación da xornada por D. Miguel Almarcegui, director provincial de Fraternidad-Muprespa en Huesca, D. Julio Santos, director do Departamento de Relacións coa Rede, expuxo os aspectos máis controvertidos do absentismo laboral e detallou os mecanismos legais que permiten unha mellor xestión deste, especialmente nas últimas disposicións legais en materia de xestión da incapacidade temporal.

D. Jesús de Val, profesor titular de Dereito do Traballo da Universidade de Zaragoza, no seu relatorio sobre a reforma laboral, incidiu nos importantes cambios que se están a producir nas Institucións do Dereito do Traballo e da Seguridade Social, resaltando o importante papel que os Graduados Sociais teñen na aplicación destes cambios.

D. Arturo Sancho, presidente do Colexio de Graduados Sociais moderou unha interesante quenda de rogos e preguntas.
Estivo presente no acto D. Luis Periz, vicepresidente do Colexio de Graduados Sociais de Zaragoza.

A resposta do colectivo de Graduados Sociais, asesores e empresarios foi numerosa e a xornada pódese cualificar de exitosa.

APLICACIÓNS PRACTICAS DA REFORMA LABORAL. O PAPEL DAS MUTUAS DE ACCIDENTE NA XESTIÓN DO ABSENTISMO LABORAL

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir