Imagen Noticias

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA E A UNIVERSIDADE DE MÁLAGA SUBSCRIBIRON UN ACORDO DE COLABORACIÓN

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O acordo de colaboración consiste na dotación de complemento práctico para os estudantes que cursen estudos na disciplina de Dereito do Traballo e Seguridade Social.

O obxectivo é ofrecer aos asistentes un engadido didáctico que baseado na aprendizaxe de tarefas, dinámicas de funcionamento, competencias e xestións que desempeña a mutua Fraternidad-Muprespa.

Está experiencia será moi enriquecedora para os alumnos, tanto polos coñecementos aprendidos coma polo contacto coa realidade das Mutuas de Accidentes de Traballo ao ser entidades colaboradoras da Seguridade Social, coas peculiaridades que iso implica e a diversidade na xestión fronte á empresa privada.

A devandita formación estará en todo momento coordinada coa dirección do Departamento de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Facultade de Dereito, da Universidade de Málaga.

A Excma. Sra. D.ª Adelaida de la Calle Martín, reitora magnífica da Universidade de Málaga e presidenta da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas, e D. Carlos Aranda Martín, director xerente da Mutua de Accidentes de Traballo Fraternidad-Muprespa, manifestan o seu agrado e compromiso coa formación, á vez que auguran un exitoso aproveitamento por parte dos alumnos asistentes.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"