Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FRATERNIDAD-MUPRESPA, PRIMEIRA MUTUA EN PARTICIPAR NO GRUPO ESPAÑOL DE CRECIMIENTO VERDE

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de Comunicación, Relacións Institucionais
Data:  16/12/2016

A estratexia de Fraternidad-Muprespa está impregnada dos valores de sustentabilidade e sensibilidade co ambiente. Froito diso son os esforzos que se desenvolveron para implantar Sistemas de Xestión no ambiente (ISO 14001, EMAS), iniciativas no ámbito da Responsabilidade Social e a decisión estratéxica de construír o novo Hospital do Paseo de la Habana, baixo o estándar LEED (Leadership in Energy & Environmental Design).

Esta visión de Fraternidad-Muprespa encontra o seu reflexo, a nivel corporativo, na participación do principal grupo de interese nacional na loita contra o cambio climático e na adopción de estratexias “verdes”: “Grupo Español de Crecimiento Verde”.

O Grupo Español de Crecimiento Verde (GECV) está constituído por un grupo de empresas españolas que baixo o auspicio do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, teñen como finalidade participar na loita contra o cambio climático a través de distintas iniciativas. Actúa baixo o modelo do Green Growth Group europeo da Comisión Europea, que se encarga de definir a axenda enerxética e ambiental na Unión Europa para o 2030 e 2050.

O GECV xustifica a súa existencia na imperiosa necesidade de que exista unha estreita colaboración entre o sector privado e a administración pública para poder cumprir co importante reto ao que se enfronta a sociedade, a loita contra o cambio climático, a través dunha economía sustentable e baixa en carbono.

Os seus obxectivos son os seguintes:

· Elaborar xunto co Goberno de España a estratexia que hai que seguir arredor do acordo do Clima e enerxía da Comisión Europea así como o acordo global do Cumio de París.
· Facer fronte ao difícil reto de evitar ou reducir o cambio climático, conseguir a redución de emisións e conservar o ambiente.
· Propoñer un modelo de crecemento económico compatible co uso eficiente dos recursos naturais.

Fraternidad-Muprespa desenvolve a súa actividade como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social tendo en conta os aspectos de sustentabilidade ambiental, eficiencia enerxética, e compromiso coa loita contra o cambio climático.

Fraternidad-Muprespa, primeira Mutua en participar no Grupo Español de Crecimiento Verde

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir