Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FUTURO HOSPITAL CENTRAL DE FRATERNIDAD-MUPRESPA REUNIÓN DIVULGATIVA CELEBRADA EN MADRID

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de Comunicación, Relacións Institucionais
Data:  16/12/2016

O pasado 14 de decembro, Fraternidad-Muprespa Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, celebrou na dirección provincial de Madrid, unha reunión divulgativa sobre o proxecto do novo hospital de Madrid.

A presentación correu a cargo da directora provincial da Mutua en Madrid, Mª Carmen Rueda Hernández quen, tras dar a benvida aos asistentes e agradecerlles a súa presenza, deu paso a Elena López Eusebio, xerente do Hospital Central de Fraternidad-Muprespa, quen expuxo os avances do proxecto do Hospital Central.

Posteriormente, Eva Martín Peñalver, directora provincial adxunta de Fraternidad-Muprespa en Madrid, presentou unha mesa redonda na que os participantes achegaron animadamente a súa visión acerca deste proxecto, valorando de xeito moi positivo o noso interese por escoitar a súa opinión.

O acto contou coa presenza de representantes de importantes empresas como Real Force, Real Madrid, Instituto Geológico y Minero, CIS-Compañía Integral de Seguridad e o Grupo CLH.

FUTURO HOSPITAL CENTRAL DE FRATERNIDAD-MUPRESPA REUNIÓN DIVULGATIVA CELEBRADA EN MADRID

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir