Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FRATERNIDAD-MUPRESPA ENTREGA CHEQUES REGALO DE XOGUETES A TRES FUNDACIÓNS

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de Comunicación, Relacións Institucionais
Data:  22/12/2016

Fraternidad-Muprespa Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, seguindo cos principios do seu plan de Responsabilidade Social Corporativa, fixo entrega hoxe 22 de decembro de cheques regalo de xoguetes a diferentes Fundacións relacionadas con menores.

O acto tivo lugar na Sede Central da Entidade coa presenza do director xerente da Mutua, Carlos Aranda, da xefa da área de Relacións Laborais e RSC, Eva Ferrero e de Miguel Ángel Fuentes, xefe da área de Control de Procesos.

Fundación Madrina ten como fin social a promoción, axuda e dignificación da muller e a infancia en xeral, e da nai e a súa maternidade, en particular, preservándoos fronte a calquera tipo de dificultade, risco, abuso, violencia ou desigualdade social.

A misión da Fundación é asistir e axudar dende a acollida de embarazadas e nais con fillos, en risco ou en situación de crise, soidade, abandono ou violencia –persoal, familiar, social ou laboral-, ofrecéndolles unha solución personalizada a cada problemática e idade, con especial énfase na adolescencia. Axudan a 4000 familias, cunha media de ata 100 casos mensuais. Axúdaselles as 24 horas.

Recolleu o cheque Conrado Giménez Agrela en calidade de presidente da Fundación.

Fundación ANAR axuda a nenos e adolescentes en risco traballando cos fogares ANAR que son casas de acollida para nenos e adolescentes carentes dun ambiente familiar adecuado.
A súa misión é a de atender a través das liñas telefónicas, os nenos e adolescentes que chaman con problemas ou inquietudes e un grupo de profesionais formados por psicólogos e psiquiatras tratan de protexelos e fortalecelos dunha forma integral en todas as súas necesidades, facéndoos partícipes da solución aos seus problemas. Xestionan máis de 1000 chamadas diarias das que nunha ou dúas ocasións deben intervir por risco de perigo. Dende 2010 xestionan tamén o teléfono de atención de nenos desaparecidos.

Acollen en fogares os nenos e adolescentes en situación de desamparo, facilitándolles un lugar seguro e cálido, que se converta nunha referencia sa nas súas vidas. Promoven que alcancen maiores niveis de reflexión e entendemento da súa realidade, erradicando a violencia e favorecendo a comunicación e o 'bo trato'.

Recolleu o cheque Ana Milans del Bosch, adxunta á presidencia e responsable de fondos e eventos.

Fundación Pequeño Deseo: ten como misión facer realidade os desexos de nenos e meniñas con enfermidades crónicas ou de mal prognóstico co fin de apoialos animicamente e facer máis levadeira a súa enfermidade. Calquera neno cuxo médico certifique a súa enfermidade crónica pode acudir á fundación que, co seu traballo afastan o neno e a súa familia da rutina diaria á que están forzados a vivir a causa da enfermidade. Traballan de xeito individual con cada neno para invitalo a soñar e que manifeste a súa maior ilusión da man de psicólogos infantís, formados e preparados para iso.

Recolleron o cheque Cristina Cuadrado, directora xeral da Fundación e Pilar Jiménez responsable de Comunicación.

FRATERNIDAD-MUPRESPA ENTREGA CHEQUES REGALO DE XOGUETES A TRES FUNDACIÓNS

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir