Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

CONVOCATORIA Á V EDICIÓN DOS PREMIOS ESCOLÁSTICO ZALDÍVAR 2804

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. de Comunicación, Relacións Institucionais
Data:  27/12/2016

Fraternidad-Muprespa, Mutua colaboradora coa Seguridade Social, como impulsora de iniciativas que garanten a implantación da cultura preventiva no ámbito laboral, convoca a V edición dos premios “Escolástico Zaldívar 28/04”, para outorgar unha distinción a aquelas empresas altamente comprometidas coa prevención de riscos laborais, que demostrasen ter executado ou estar a executar actuacións que representen unha mellora na seguridade e saúde dos seus traballadores, máis alá do estrito cumprimento da normativa de prevención.

En 2017 a convocatoria conta con tres categorías, cuxos primeiros premios estarán dotados coa cantidade de 2.804 € e unha escultura conmemorativa:

  • Categoría I: Grandes empresas.
    • Primeiro tramo: de 250 ata 1500 traballadores.
    • Segundo tramo: dende 1500 traballadores.
  • Categoría II: PEME ou empresa de nova creación.
  • Categoría III: Asociacións sen ánimo de lucro, ONG, autónomos, etc.; e empresas de economía social.

Para poder optar aos premios, as empresas deben estar asociadas con Fraternidad-Muprespa, presentar en prazo e forma toda a documentación requirida e cumprir os requisitos indicados nas bases do premio.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día 1 de xaneiro 2017 e estará aberto ata o día 1 de marzo de 2017, ambos os dous inclusive.

Para calquera tipo de cuestión relativa que lles poida xurdir, así como para presentar a documentación requirida, poden utilizar o noso formulario de contacto.

CONVOCATORIA Á V EDICIÓN DOS PREMIOS ESCOLÁSTICO ZALDÍVAR 2804

"A súa Mutua 275 - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir