---
title: "28 DE ABRIL 2008. DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/28-de-abril-2008-dia-mundial-da-seguridade-e-saude-no-traballo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-de-la-seguridad-y-salud-en-el-trabajo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/28-dabril-de-2008-dia-mundial-de-la-seguretat-i-la-salut-en-el-treball"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/2008ko-apirilaren-28a-laneko-segurtasunaren-eta-osasunaren-munduko-eguna"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/28-de-abril-2008-dia-mundial-da-seguridade-e-saude-no-traballo"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# 28 DE ABRIL 2008. DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO



08/04/2008

General

28 de abril 2008

Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo: "Boa saúde laboral para todos os traballadores"

Dende 1996 os sindicatos a nivel mundial veñen conmemorando o día 28 de abril de cada ano ás vítimas que sofren algún [accidente](/gl-ES/accidente) de traballo e/ou algún tipo de [enfermidade profesional](/gl-ES/enfermidade-profesional).

A OIT, co seu carácter tripartito, aceptou esta iniciativa e converteuna nunha Xornada anual a nivel mundial, promovida para chamar a atención sobre os accidentes e enfermidades provocadas polo traballo, para a súa redución e eliminación.

A partir do ano 1999 e a proposta da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, por Orde do 30 de marzo de 1999, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do noso país estableceu o Día da Seguridade e Saúde no Traballo o 28 de abril de cada ano.

Arredor da devandita data, as diversas organizacións convocantes a nivel nacional e internacional realizan declaracións, promoven diversos tipos de actos e propoñen e desenvolven actividades, que leven á reflexión de todos os cidadáns e das institucións e organizacións máis relacionadas co problema.

Neste sentido, cada ano as organizacións centran as súas chamadas de atención nun tema ou nun número reducido de temas de seguridade e saúde no traballo que consideran especialmente significativos no ámbito mundial.

A información e a máxima extensión da conmemoración deben cumprir un papel crucial en todas as actividades xa que a intención prioritaria é chegar ao máximo número de persoas e institucións, para fomentar a preocupación por este problema e para impulsar as medidas que conduzan á súa solución. A elección de lemas ten o propósito de sintetizar o obxectivo nunha mensaxe que permita a máxima eficacia comunicativa no resultado perseguido.  
   
 Este ano 2008 a Oficina Internacional do Traballo (OIT) elixiu promover o lema: "A miña vida, o meu traballo, o meu traballo en seguridade - Xestión do risco no medio laboral", e a Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Confederación Sindical Internacional (CSI) "Boa saúde laboral para todos os traballadores".

Fraternidad Muprespa, dentro das súas actividades relacionadas coa [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), vén adheríndose ao sentido desta conmemoración dende hai varios anos e realizando actividades de promoción da [saúde laboral](/gl-ES/saude-laboral) de carácter divulgativo.

Ligazóns de interese:

* [Organización Internacional do Traballo](http://www.ilo.org/public/spanish/protection/safework/worldday/index.htm)
* [World Health Organization](http://www.who.int/occupational_health/en/) (contido en inglés)
* [Global Unions](http://www.global-unions.org/pdf/ohsewp28Ap08Backgrounder.H_5Cd.SP.pdf) (informe de base sobre o 28 de abril) ![.PDF]()
 
Descargue o cartel do evento dende [aquí](#)