---
title: "28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-da-seguridade-e-saude-no-traballo-1"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-de-la-seguridad-y-salud-en-el-trabajo-1"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/28-dabril-dia-mundial-de-la-seguretat-i-salut-en-el-treball-0"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/apirilaren-28a-laneko-segurtasunaren-eta-osasunaren-munduko-eguna-1"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-da-seguridade-e-saude-no-traballo-1"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# 28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO



04/04/2011

Novedades

 PREVENCIÓN, UNHA FERRAMENTA PARA A MELLORA CONTINUADetalle do cartel do 28 de abril de 2011 da mutua Fraternidad Muprespa

CONMEMORACIÓN DO 28 DE ABRIL

Dende 1996, os sindicatos a nivel mundial veñen conmemorando as vítimas dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais o día 28 de abril de cada ano.

A partir do ano 1999, e por proposta da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, por Orde do 30 de marzo de 1999, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do noso país estableceu como Día da Seguridade e Saúde no Traballo o 28 de abril de cada ano.

Dende o ano 2003, a OIT, organización internacional de carácter tripartito, aceptou a iniciativa das organizacións sindicais e converteuna nunha Xornada anual a nivel mundial, promovida para chamar a atención sobre os accidentes e enfermidades provocadas polo traballo e para a súa redución e eliminación no mundo.

Arredor desta data centos de organizacións a nivel nacional e internacional realizan declaracións, promoven diversos tipos de actos e propoñen e levan a cabo actividades que leven á reflexión de todos os cidadáns e das institucións e organizacións máis relacionadas co problema.

A información e a máxima extensión da conmemoración deben cumprir un papel crucial en todas as actividades, xa que a intención prioritaria é chegar ao máximo número de persoas e institucións, para fomentar a preocupación e acción ante este problema e para impulsar as medidas que conduzan á súa solución. A elección de lemas ten o propósito de sintetizar o obxectivo nunha mensaxe que permita a máxima eficacia comunicativa no resultado que se persegue.

CARTEL DE FRATERNIDAD MUPRESPA PARA O 28 DE ABRIL

> Nun día tan especial para Fraternidad Muprespa como é o día 28 de abril (día mundial da seguridade e a saúde no traballo), é importante que todas as partes implicadas, tanto traballadores coma empresarios, así como os diferentes organismos, tomemos conciencia da necesidade de usar todos os medios dispoñibles para aplicalos na prevención laboral.
> 
>  Traballando dende o lema da OIT "Sistema de xestión da SST: unha ferramenta para a mellora continua" e a necesidade de poñer todos os medios necesarios para a prevención no contorno laboral, créase o cartel. A temática e deseño do cartel de Fraternidad Muprespa para o día 28 de abril para este ano 2011 formouse a partir do lema "Prevención, unha ferramenta para a mellora continua". Para transmitir esta idea decidiuse dar cor a unha persoa e presenza ao seu cerebro, onde este foi substituído pola palabra "Prevención", que chama especialmente a atención do espectador. Desta forma tan simple visualmente e, pretendemos, orixinal, é como se quixo plasmar a importancia do uso da prevención como unha ferramenta indispensable, e de mellora continua. O cartel sitúa a prevención ao nivel da ferramenta máis importante da que dispón a humanidade, o cerebro como ferramenta de mellora continua, e, por similitude, a prevención convértese nesta ferramenta.
> 
>  A prevención pasa a ser unha parte do que denominaremos esquema corporal: o noso cerebro percibe as ferramentas como parte do propio corpo, ao darlles uso, e o cartel transmítenos a idea da unión necesaria entre prevención-persoa-ferramenta.

   
 [Descargar](#)  Cartel do día mundial da seguridade e a saúde no traballo - Fraternidad Muprespa   
 [Descargar](#)  Cartel oficial do evento OIT   
 [Acceder](http://www.ilo.org/safework/events/safeday/lang--en/index.htm)  A Organización Internacional do Traballo (OIT)    
 [Acceder](http://osha.europa.eu/es/OSH_world_day/index_html)  Axencia Europea para a Saúde e a Seguridade no Traballo   
   
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"