---
title: "28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO: TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-da-seguridade-e-saude-no-traballo-traballando-xuntos-para"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-de-la-seguridad-y-salud-en-el-trabajo-trabajando-juntos-para-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-de-la-seguridad-y-salud-en-el-trabajo-trabajando-juntos-para-la"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-de-la-seguridad-y-salud-en-el-trabajo-trabajando-juntos-para-la"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/28-de-abril-dia-mundial-da-seguridade-e-saude-no-traballo-traballando-xuntos-para"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# 28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO: TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS



02/04/2012

Novedades

TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS Cartel de 28 de abril de 2012 da mutua Fraternidade-Muprespa

 CONMEMORACIÓN DO 28 DE ABRIL

 Dende 1996 os sindicatos a nivel mundial veñen conmemorando ás vítimas dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais o día 28 de abril de cada ano.

 A partir do ano 1999, e por proposta da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, por Orde do 30 de marzo de 1999, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social do noso país estableceu, como Día da Seguridade e Saúde no Traballo, o 28 de abril de cada ano.

 Dende o ano 2003 a OTI, Organización Internacional de carácter tripartito, aceptou a iniciativa das organizacións sindicais e converteuna nunha xornada anual a nivel mundial, promovida para chamar a atención sobre os accidentes e enfermidades provocadas polo traballo, para a súa redución e eliminación no mundo.

 Arredor da devandita data centos de organizacións a nivel nacional e internacional realizan declaracións, promoven diversos tipos de actos, propoñen e desenvolven actividades, que leven á reflexión de todos os cidadáns, as institucións e organizacións máis relacionadas co problema.

 A información e a máxima extensión da conmemoración deben cumprir un papel crucial en todas as actividades, xa que a intención prioritaria é chegar ao máximo número de persoas e institucións, para fomentar a preocupación e acción ante este problema e para impulsar as medidas que conduzan á súa solución. A elección de lemas ten o propósito de sintetizar o obxectivo nunha mensaxe que permita a máxima eficacia comunicativa no resultado perseguido.

 CARTEL DE FRATERNIDADE-MUPRESPA PARA O 28 DE ABRIL

> Aproveitando o inicio da próxima edición da campaña Lugares de traballo saudables 2012-2013 da Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo e como membros da Rede Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, adoptamos o lema desta, 'Traballando xuntos para a prevención de riscos', para o deseño do cartel deste ano.
> 
>  'Traballando xuntos para a prevención de riscos' pon a atención na idea de liderado na xestión da prevención e da participación dos traballadores na seguridade e a saúde no traballo.
> 
>  O liderado e a participación están simbolizados no noso cartel polo equipo constituído por empresarios, mandos, traballadores e delegados de prevención, polas distintas figuras do xadrez, que loitan conxuntamente para gañar a partida aos riscos no traballo simbolizados polos sinais de perigo, que é o adversario. O traballo en equipo sempre é máis efectivo, polo que van gañando a partida que está xa avanzada, eliminando os riscos que saíron do taboleiro.

   
 [Descargar](#) Cartel do día mundial da seguridade e a saúde no traballo - Fraternidade-Muprespa   
 [Acceder](http://www.ilo.org/safework/events/safeday/lang--en/index.htm) A Organización Internacional do Traballo (OIT)    
 [Acceder](http://www.healthy-workplaces.eu) Axencia Europea para a Saúde e a Seguridade no traballo (web oficial do día 28 de abril 2012 )   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"