---
title: "2° CONGRESO REXIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DA COMUNIDADE DE MADRID"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/2deg-congreso-rexional-de-prevencion-de-riscos-laborais-da-comunidade-de-madrid"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/2o-congreso-regional-de-prevencion-de-riesgos-laborales-de-la-comunidad-de-madrid"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/ii-congres-regional-de-prevencio-de-riscos-laborals-de-la-comunitat-de-madrid"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/madrilgo-erkidegoko-laneko-arriskuen-prebentziorako-eskualdeko-ii-kongresua"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/2deg-congreso-rexional-de-prevencion-de-riscos-laborais-da-comunidade-de-madrid"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# 2° CONGRESO REXIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DA COMUNIDADE DE MADRID



14/10/2008

General

2º CONGRESO REXIONAL DE [PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) DA COMUNIDADE DE MADRID

| DATOS DO EVENTO |  |
|---|---|



| Informamos de que Fraternidad Muprespa ten asignado un taller no 2º Congreso de [PRL](/gl-ES/prl) de Madrid, o próximo día 21 de outubro, de 9.30 a 11 horas na Sala Madrid, co título:  PROYECTO DE I+D+i “ESTUDIO DE LOS FACTORES CONDICIONANTES DEL RENDIMIENTO FÍSICO DEL PERSONAL ESPECIALISTA EN EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTALES”. TRAGSA e Fraternidad Muprespa subscribiron, en colaboración co Departamento de Educación Física e Deportiva da Universidade de León, un proxecto de I+D+i para o trienio 2006-2008, que busca a mellora da seguridade e a saúde do Persoal Especialista en Extinción de Incendios Forestais (PEEIF), a través do estudo dos factores condicionantes do rendemento do PEEIF.  O obxectivo do proxecto é cuantificar e caracterizar o traballo físico levado a cabo polo PEEIF, analizando como inflúen a súa preparación física, o medio onde se desenvolve o traballo, a tipoloxía do esforzo físico que require, e os equipos e ferramentas empregados, nos posibles [danos á saúde](/gl-ES/danos-a-saude) aos que está exposto este persoal.  O Proxecto ten como obxectivos específicos os seguintes:  * Estudar o comportamento térmico ante o esforzo realizado polo PEEIF en diferentes condicións de estrés térmico e distintos protocolos de acción, mediante o control continuo no PEEIF da frecuencia cardíaca, a temperatura central e da pel, a humidade relativa interna e externa ao EPI, a concentración de gases que inhala, a orografía do terreo e a súa velocidade de desprazamento e grao de suoración en función do estrés térmico, así como as pautas de rehidratación desenvolvidas, e relacionalas con variables indicadoras de posible risco de saúde cardiovascular.     * Avaliar o papel dos equipos de protección individual en probas de laboratorio e de campo ante as distintas tarefas que o PEEIF debe desenvolver e analizar a súa influencia na termorregulación en condicións estandarizadas.   O 2º Congreso Rexional de [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) da Comunidade de Madrid organizado pola Consellaría de Emprego e Muller, a través do Instituto Rexional de Seguridade e Saúde no Traballo, celebrarase os días 20, 21 e 22 de outubro de 2008, no Palacio Municipal de Congresos-Campo de las Naciones de Madrid.        Nestas xornadas abordaranse os principais temas de actualidade en materia de [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais). No marco da Estratexia Española de Saúde e Seguridade no traballo (2007-2012), analizarase o Plan de Acción para o seu impulso e execución e a súa adaptación na Comunidade de Madrid.        A través de mesas redondas, conferencias, relatorios, grupos de expertos e comunicacións, trataranse outros temas, como a nova forma de comunicar as enfermidades profesionais, a normativa sobre riscos físicos e químicos, o novo Espazo Europeo para a formación superior, a calidade na prevención de riscos laborais, a influencia dos medios de comunicación ou a responsabilidade penal, que serán abordados dende o punto de vista técnico con profesionalidade e rigor.  --- |
|---|
| Motivo:  2º CONGRESO REXIONAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DA COMUNIDADE DE MADRID  ------  Organizador:  CONSELLARÍA DE EMPREGO E MULLER  ------  Data:  20, 21 e 22 de outubro de 2008  ------  Lugar:  Palacio Municipal de Congresos-Campo de las Naciones de Madrid.  [Ver no mapa](http://maps.google.es/maps?f=d&saddr=&daddr=campo+de+las+naciones&hl=es&geocode=&mra=ls&sll=40.467095,-3.611112&sspn=0.015802,0.027466&ie=UTF8&ll=40.472155,-3.61433&spn=0.031602,0.054932&z=14)  ---------  ---  ---  Ligazón asociada:  [Páxina do evento ](http://www.seatra.org/congresoprl/)  ---------  ---  --- |
|---|