---
title: "3 DE CADA 4 PERSOAS CONSIDERA QUE A NOVA LEI DO TABACO MELLORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS TRABALLADORES"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/3-de-cada-4-persoas-considera-que-nova-lei-do-tabaco-mellora-condicions-de-traballo-dos"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/3-de-cada-4-personas-considera-que-la-nueva-ley-del-tabaco-mejora-las-condiciones"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/3-de-cada-4-persones-consideren-que-la-nova-llei-del-tabac-millora-les-condicions-de"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/hiru-pertsonetatik-lauk-tabakoaren-aurkako-lege-berriak-langileen-lan-baldintzak-hobetzen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/3-de-cada-4-persoas-considera-que-nova-lei-do-tabaco-mellora-condicions-de-traballo-dos"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# 3 DE CADA 4 PERSOAS CONSIDERA QUE A NOVA LEI DO TABACO MELLORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS TRABALLADORES



03/02/2011

Publicaciones

En Fraternidad Muprespa temos como reto constante a vontade de coñecer a opinión e necesidades dos nosos mutualistas co obxecto de tratar de ofrecerlles cada día un mellor servizo. Como iniciativa para dar forma a esa vontade puxemos en marcha no noso portal web corporativo ([http://www.fraternidad.com](/)) un espazo que, co formato dunha sinxela pregunta con resposta múltiple, nos permita coñecer a opinión e sentimento respecto a temas de especial interese.

Nesta ocasión, preguntamos a todos os visitantes do noso portal web a opinión que lles merece a implantación en España da nova Lei 42/2010 que regula o consumo de tabaco, a cal afecta de xeito directo ás condicións de traballo de numerosos traballadores. Os resultados da devandita enquisa revelan que o 74 % dos participantes considera favorable a nova Lei, dos cales o 55% opina que esta é especialmente útil porque abrangue moitos ámbitos, e o 19% indica que, aínda que é útil, é útil principalmente en sectores moi específicos como a restauración e hostalaría.   
 Por outro lado, do 26% de participantes que dubidan sobre a utilidade da nova Lei, o 22% pensa que a anterior Lei era suficiente e o 4% restante que non será útil porque non se vai cumprir.

Estes datos poñen de manifesto a importancia e boa aceptación que teñen aquelas medidas que tratan de regular aspectos que afectan directamente ás condicións laborais dos traballadores, mellorándoas.

---

   
 [Acceder](/encuesta.aspx) ENQUISAS NA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"