---
title: "ACCIDENTES DE TRÁFICO E A SÚA PREVENCIÓN, XORNADA EN LINARES"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/accidentes-de-trafico-e-sua-prevencion-xornada-en-linares"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/accidentes-de-trafico-y-su-prevencion-jornada-en-linares"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/accidents-de-transit-i-la-seva-prevencio-jornada-linares"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/laneko-trafiko-istripuak-eta-hauen-prebentzioari-buruzko-jardunaldia-linaresen"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/accidentes-de-trafico-e-sua-prevencion-xornada-en-linares"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# ACCIDENTES DE TRÁFICO E A SÚA PREVENCIÓN, XORNADA EN LINARES



26/10/2016

Novedades

Fraternidad-Muprespa, no seu afán de informar as nosas empresas mutualistas e traballadores, realiza unha serie de xornadas informativas para formalos en todos os ámbitos das Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social). Neste caso tratouse sobre “A prevención e os accidentes laborais de tráfico”.  
   
 A xornada desenvolveuse o 25 de outubro de 2016 na nosa delegación da cidade de Linares (Xaén).

Ángel Gilabert Ruíz, director provincial de Xaén, recibiu un a un os asistentes agradecendo a súa asistencia, explicoulles ademais o obxectivo deste tipo de xornadas e animounos a seguir participando en próximas convocatorias.  
   
 A continuación, Elena Cano García, técnica superior de Prevención Riscos Laborais, desenvolveu a temática da xornada incidindo no deber das empresas para que a prevención sexa integral, ademais recalcou as graves [consecuencias](/gl-ES/consecuencias) do aumento da sinistralidade laboral por accidentes de tráfico, ben in itinere ou en misión.

Ana Belén Chinchilla Rodríguez, da unidade de prestacións de Linares, resolveu as consultas e dúbidas relacionadas coas prestacións que a Mutua xestiona, derivadas deste tipo de accidentes.

A xornada tivo unha grande aceptación polos asistentes, que se implicaron e provocaron un animado debate con preguntas de grande interese que foron resoltas satisfactoriamente polos relatores alí presentes.

Este tipo de reunións está a ser moi ben valorada por todos os asistentes e xa se encontran expectantes para próximas convocatorias da nosa entidade.

[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) sempre está ao servizo dos seus mutualistas, traballadores e grupos de interese.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"