---
title: "Actividades II Semana da Prevención en Almería"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/actividades-ii-semana-da-prevencion-en-almeria"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/actividades-ii-semana-de-la-prevencion-en-almeria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/activitats-ii-setmana-de-la-prevencio-almeria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/prebentzioaren-ii-asteko-ekintzak-almerian"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/actividades-ii-semana-da-prevencion-en-almeria"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Actividades II Semana da Prevención en Almería



26/04/2017

Semana de la prevención

Enmarcadas nas actividades da “ II Semana da Prevención”, os días 24 e 25 do presente mes, desenvolvéronse senllas xornadas de “Prevención nas aulas” na Dirección Provincial de Almería. Ambas as dúas xornadas desenvolvéronse baixo o mesmo contido.

A presentación correu a cargo de Matilde Góngora Martínez, directora provincial de Fraternidad-Muprespa de Almería, quen agradeceu a presenza dos colexios no noso centro e destacou a importancia de concienciar os alumnos dende idades temperás con conceptos tan importantes como seguridade ou prevención.

A primeira parte da xornada, consistente en riscos nos colexios, impartiuna Alfonso Gerez Miras, técnico de Prevención de Fraternidad-Muprespa, que interactuou cos alumnos facendo preguntas relacionadas cos riscos, perigos, sinalización de riscos existentes nos colexios.

Para esta primeira parte tamén colaborou un alumno do Máster en [PRL](/gl-ES/prl) da Universidade de Almería, que está a realizar practicas na nosa Mutua.

A continuación, Ginés Grima, traballador que sufriu un grave [accidente](/gl-ES/accidente) no ano 2006 con consecuencias de amputación traumática do brazo dereito, explicou aos alumnos a importancia da prevención dende idades temperás e de como, a raíz do [accidente](/gl-ES/accidente), tivo a capacidade de superación necesaria para volver realizar todo tipo de actividades, sobre todo as deportivas, que os médicos que o trataban vían imposible.

Os alumnos tiveron a oportunidade de realizar todo tipo de preguntas e cuestións a Ginés Grima, que tivo o gusto de responder abertamente, ademais de ensinarlles a prótese biónica implantada no brazo dereito polos médicos de Fraternidad-Muprespa.

Por último, Mª Angeles Abad, responsable do servizo médico de Fraternidad-Muprespa en Almería, dedicou o último tramo da charla a falar cos alumnos da importancia de ter uns coñecementos básicos de primeiros auxilios, ademais de realizar cun boneco exercicios prácticos de reanimación cardiopulmonar.

O 24 de abril estivo presente o curso 6º de primaria do Centro Stella Maris, que practicamente encheron as 100 prazas da sala de cursos e mostraron unha participación moi activa.

Ao día seguinte, acompañáronnos o Centro de estudos Arcángel y Fátima, os alumnos asistentes eran de 5º e 6º curso de primaria, que igualmente demostraron unha curiosidade por parte da totalidade dos alumnos que intercambiaron as súas inquietudes cos catro relatores das xornadas.

Fraternidad-Muprespa quere agradecer profundamente a ambos os dous colexios que nos permitiran traballar e interactuar cos seus alumnos, xa que tanto alumnos coma profesores viron nestas xornadas unha nova vía de formación a temperás idades, co fin de construír futuras xeracións mais preparadas.