---
title: "ALBACETE (28 OUTUBRO) - XORNADA TÉCNICA: \"LA PREVENCIÓN EN LA EMPRESA:"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/albacete-28-outubro-xornada-tecnica-la-prevencion-en-la-empresa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/albacete-28-octubre-jornada-tecnica-la-prevencion-en-la-empresa-implantacion-actual-y"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/albacete-28-doctubre-jornada-tecnica-la-prevencion-en-la-empresa-implantacion-actual-y"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/albacete-urriak-28-jardunaldi-teknikoa-la-prevencion-en-la-empresa-implantacion-actual-y"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/albacete-28-outubro-xornada-tecnica-la-prevencion-en-la-empresa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# ALBACETE (28 OUTUBRO) - XORNADA TÉCNICA: "LA PREVENCIÓN EN LA EMPRESA:



25/10/2010

General

 Dentro das actividades programadas en relación coa exposición itinerante ""TRABAJO Y SALUD. DESDE LA PROTECCIÓN A LA PREVENCIÓN"", situada actualmente na sede da Delegación da Xunta de Comunidades de Castela- A Mancha en Albacete (Antigua Fábrica de Harinas - Paseo da Cuba, 27 - Albacete), Fraternidad Muprespa, xunto coa Fundación Largo Caballero e a JCCM (Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha) organizan, nese mesmo lugar, o próximo xoves 28 de outubro a xornada técnica "La prevención en la empresa: implantación actual y novedades legislativas".

 A Xornada dará comezo ás 17:30 h cunha visita guiada á Exposición.

 Cómpre salientar a participación de D. Miguel Hernández Albadalejo, xefe de sección do Servizo de Seguridade e [Saúde Laboral](/gl-ES/saude-laboral) da JCCM, quen falará da nova Lei de promoción da seguridade e saúde no traballo de Castela- A Mancha, aprobada o pasado 21 de outubro; esta lei, pioneira en España, afonda na promoción da formación en [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) e aborda medidas destinadas a incentivar a adopción de hábitos e comportamentos preventivos nos que pretendan obter subvencións públicas ou asinar contratos coa Administración da Xunta de Castela- A Mancha.

 Dona M.ª José López Ortega, xefe da Inspección de Traballo en Albacete, tratará o tema da función asesora da inspección en materia de prevención.

---

 Datos do evento:

| Motivo: | Xornada técnica “La prevención en la empresa: implantación actual y novedades legislativas” |
|---|---|
| Data: | Xoves, 28 de outubro de 2010. |
| Lugar: | Paseo de la Cuba, 27 (Antigua Fábrica de Harinas). Albacete. |



   
 [Descargar](#)  Programa da xornada (inclúe a tarxeta de solicitude de asistencia ao evento)   
 [Descargar](#)  Tríptico de presentación da exposición   
 [Acceder](http://maps.google.com/maps?key=ABQIAAAAABgdEhcTCte1lw_UxDbyMhTEFVoNkokuHy0LDM3BvQsFLP48_xSRQYmvQNYIIrZoTNC4H4_IV4ZFAQ&mapclient=jsapi&ie=UTF8&ll=39.003113,-1.857845&spn=0.000692,0.002411&t=h&z=19&layer=c&cbll=39.003112,-1.857845&panoid=FcUSXKxFT3Vae7rwlccj9Q&cbp=11,234.88,,0,-3.91) Situación da exposición   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"