---
title: "<b>BENVIDOS Á NOVA WEB DE FRATERNIDAD MUPRESPA</b>"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/benvidos-nova-web-de-fraternidad-muprespa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/bienvenidos-la-nueva-web-de-fraternidad-muprespa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/benvinguts-la-nova-web-de-fraternidad-muprespa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/ongietorriak-fraternidad-mupresparen-web-orri-berrira"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/benvidos-nova-web-de-fraternidad-muprespa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# &lt;b&gt;BENVIDOS Á NOVA WEB DE FRATERNIDAD MUPRESPA&lt;/b&gt;



01/02/2007

Novedades

Fraternidad Muprespa estrea unha nova versión da súa páxina web corporativa ([http://www.fraternidad.com](/)) coa finalidade de evolucionar a súa imaxe, aumentar a súa funcionalidade e mellorar o acceso á información.   
   
 O novo portal da Mutua de accidentes e enfermidades profesionais, Fraternidad Muprespa, está a disposición de todas as persoas cun novo deseño e con funcionalidades melloradas.  
   
 As melloras no deseño e a facilidade de uso para todos os navegadores e navegantes aprécianse inmediatamente na portada. Agora o contido divídese en varias seccións diferenciadas: Destacados centrais de interese, Zona de aplicativos e destacados secundarios, Noticias máis relevantes e Accesos directos a través dos menús ou enlaces no pé da páxina. Coa ilusión de entregar unha mellor visión global da Mutua e permitirlles a todas as persoas encontrar a información do seu interese coa maior rapidez, creouse un novidoso Buscador de contidos dentro do noso portal presente durante toda a navegación.  
   
 Grazas a este novo deseño, a información pode verse dunha forma máis clara e destacada. Iso significa que agora é máis rápido e simple obter esa información e poder exportala a diversos formatos.  
   
 Seguimos mantendo os aplicativos que tan ben funcionaron durante este período de tempo, tales como o Portelo único de contacto, o Buscador do plan de formación e a Personalización da navegación que foron adaptados ás novas tendencias e achegan novas funcionalidades. Como exemplo convidámosvos a que vos subscribades ao novo Boletín de InfoPrevención.FM para que así poidades recibir periodicamente no voso correo electrónico unha recompilación selecta da información de interese que xorde día a día no campo da prevención e do negocio das mutuas de accidentes, todo isto dunha forma directa, sinxela e sobre todo moi cómoda.  
   
 Comprácenos prestarlles un bo servizo a todos, e con estes cambios intentamos mellorar o noso traballo e facer máis fácil a súa interacción con nós. Esperamos que lle sexa grata a súa visita á nosa nova páxina web e estamos á súa enteira disposición para calquera tipo de suxestión.  
   
 Saúdos cordiais,  
  
 Equipo Www de Fraternidad Muprespa.