---
title: "CELEBROUSE EN ASTURIAS UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-asturias-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-asturias-una-jornada-divulgativa-para-empresas-y-colaboradores-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-asturies-una-jornada-divulgativa-empreses-i-collaboradors-de-fraternidad"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatea-ezagutarazteko-jardunaldia-egin-da-asturiasen-enpresa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-asturias-unha-xornada-divulgativa-para-empresas-e-colaboradores-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# CELEBROUSE EN ASTURIAS UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA



16/05/2011

General

 No Excelentísimo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Asturias, en Oviedo, tivo lugar o pasado xoves 12 de maio unha Xornada informativa sobre a redución de cotizacións para diminución da sinestralidade (Bonus campaña 2010) e os servizos electrónicos que para empresas e colaboradores pon á súa disposición [Fraternidad Muprespa](/).

 A devandita xornada celebrouse no salón de actos do citado Colexio Oficial e contou coa presenza, de D. Pedro Fernández Castaño, Director Provincial de Fraternidad Muprespa de Asturias, que presentou o acto.

 D. Esteban Mate de Miguel, Director do Departamento de Organización e Planificación, detallou os numerosos servizos que a través do extranet proporciona aos seus usuarios, así como as vantaxes da súa utilización e doado manexo desta.

 D. José Beltrán García, Técnico Superior en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) centrou a súa intervención en describir as características do Sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais (Bonus), analizando o proceso de concesión do incentivo no seu conxunto e aclarando as dúbidas formuladas.

 D. Francisco Martos Presa, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais, pechou o acto agradecendo aos relatores e ao público a súa presenza, salientando a importancia dos temas expostos, a claridade expositiva dos relatores e esperando que no futuro este tipo de colaboracións se repita e amplíe.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"