---
title: "CELEBROUSE EN GALICIA UNHA XORNADA PARA EMPRESAS DO SECTOR DA LOUSA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-galicia-unha-xornada-para-empresas-do-sector-da-lousa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-galicia-una-jornada-para-empresas-del-sector-de-la-pizarra"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-galicia-una-jornada-empreses-del-sector-de-la-pissarra"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/arbelaren-sektoreko-enpresentzako-jardunaldia-antolatu-da-galizian"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-galicia-unha-xornada-para-empresas-do-sector-da-lousa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# CELEBROUSE EN GALICIA UNHA XORNADA PARA EMPRESAS DO SECTOR DA LOUSA



25/05/2011

General

 A Mutua [Fraternidad-Muprespa](/) en Galicia, en colaboración coa Asociación Gallega de Pizarristas  e a Sociedade de Prevención de FM, organizou o pasado martes día 24 de maio na localidade ourensana do Barco de Valdeorras, unha Charla- Coloquio sobre o tema "Análise da problemática das enfermidades profesionais no sector da lousa: punto de vista de prevención, económico e asistencial,"

 A devandita xornada celebrouse no Centro Tecnológico de la Pizarra, sito en Sobradelo de Valdeorras e contou coa presenza dos representantes das principais Empresas do sector, encabezados por D. Víctor Cobo Arias e D. Severino González Álvarez, presidente e xerente respectivamente da Asociación Gallega de Pizarristas.

 Presentou o acto D. Leandro de Justo Corcoba, delegado do Barco de Valdeorras, actuando como relatores D. Julio Santos Palacios, director do departamento Relacións coa Rede de Fraternidad Muprespa e D. Félix Villanueva Muñoz, coordinador médico da Sociedad Prevención de Fraternidad Muprespa.

 Tras a exposición inicial sobre a problemática do aumento das enfermidades profesionais na zona, e en especial sobre a silicose, tivo lugar un animado debate no que se formularon os problemas e dúbidas máis importantes que preocupan ás empresas do sector.

 Clausurou o acto D. Hugo Ezquerra Villegas, director provincial de Ourense, quen agradeceu a asistencia aos presentes e especialmente a D. Miguel Ángel Serna Galán, director territorial de Galicia e Asturias de Fraternidad Muprespa, a D. Miguel del Río López directores territorial e provincial da Sociedad de Prevención Fraternidad Muprespa respectivamente, así como a D. Javier Romero Bandeira e a D. Miguel Núñez de Prado, novo delegado da SPFM en Ourense.

 Os asistentes fixeron constar a súa satisfacción polo desenvolvemento da xornada e o seu interese por que se poidan repetir nun futuro iniciativas similares. Finalmente, algúns dos asistentes mostraron a súa curiosidade por visitar in situ unha das canteiras de lousa da zona e dar a coñecer de primeira man os riscos e peculiaridades da actividade que desenvolven.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"