---
title: "CELEBROUSE EN LUGO UNHA XORNADA DIVULGATIVA COA PARTICIPACIÓN DO INSS, TGSS E A MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-lugo-unha-xornada-divulgativa-coa-participacion-do-inss-tgss-e-mutua"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-lugo-una-jornada-divulgativa-con-la-participacion-del-inss-tgss-y-la"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-lugo-una-jornada-divulgativa-amb-la-participacio-de-linss-tgss-i-la-mutua"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/dibulgaziozko-jardunaldia-egin-da-lugon-eta-gsinek-gsdok-eta-fraternidad-muprespa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-lugo-unha-xornada-divulgativa-coa-participacion-do-inss-tgss-e-mutua"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# CELEBROUSE EN LUGO UNHA XORNADA DIVULGATIVA COA PARTICIPACIÓN DO INSS, TGSS E A MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA



22/06/2011

General

 Onte 16 de xuño [Fraternidad-Muprespa](/) celebrou en Lugo unha xornada para empresas e colaboradores coa colaboración do [INSS](/gl-ES/inss) e a [TGSS](/gl-ES/tgss).

 A apertura desta correu a cargo de D.  Juan Carlos González Santín, director provincial do [INSS](/gl-ES/inss) e a [TGSS](/gl-ES/tgss), facendo referencia á importancia das mutuas como un elemento máis da armazón da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e centrou o seu relatorio no presente e futuro dos servizos electrónicos, co fin de que o cidadán poida realizar todas as xestións co [INSS](/gl-ES/inss) e a [TGSS](/gl-ES/tgss) dende casa.

 Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información de Fraternidad Muprespa realizou unha exposición dos recursos, medios e obxectivos de Fraternidad Muprespa como mutua de referencia no sector, facendo mención ao Plan Estratéxico Corporativo, LOPD, certificacións de servizos, etc. Quixo resaltar que a nosa extranet se nutre e crece coas achegas que todas as empresas, asesorías e autónomos achegan e faloulles sobre o que estes servizos lles axilizarían as xestións coa mutua.

 A subdirectora de Xestión Recadatoria da [TGSS](/gl-ES/tgss), Olga Campelo López, realizou unha exposición pola historia de como se creou e evolucionou a páxina web da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) ata o día de hoxe, onde é considerada unha das 20 mellores páxinas que existen en España, resaltando a facilidade de acceso a esta para persoas con discapacidades, que se pode ver en sete idiomas e seguidamente nos presentou o novo formato da páxina que teñen dende o día 15 de xuño. Tamén fixo referencia á aula da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social).

 Eladio Sández Fernández, responsable da Unidade de Atención ao Usuario do Sistema Rede da [TGSS](/gl-ES/tgss) fixo un percorrido dende o ano 1995 ata o 2011 resaltando que a provincia de Lugo foi e segue sendo líder na utilización dos servizos electrónicos.

 O xefe de coordinación do centro de atención e información da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) "CAISS" do [INSS](/gl-ES/inss), José Manuel González Alves, realizou unha explicación dos diferentes tipos de prestacións que se poden solicitar a través da páxina Web de forma persoal ou a través do colexio de graduados sociais.

 Julio Santos Pazos, director do Departamento de Relacións coa Rede de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) centrou a súa intervención na presentación dos novos servizos que pretendemos lanzar na Mutua proximamente, animando os asistentes a darse de alta nos servizos Extranet da nosa web e solicitar os servizos do noso persoal para calquera dúbida que teñan.

 O director provincial de Fraternidad Muprespa en Lugo, José Luis Sánchez Jato, clausurou o acto facendo tamén referencia ao Plan Estratéxico Corporativo que marcou unha nova liña de actuación en Fraternidad Muprespa, onde nos propuxemos ser a mutua de referencia no sector, buscando a excelencia no servizo e atención ás nosas empresas e mutualistas. Aproveitou para agradecer a relatores e asistentes ter colaborado no éxito da xornada e emprazounos para futuras xornadas.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"