---
title: "CELEBROUSE EN MADRID UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE OS ASPECTOS DE SEGURIDADE SOCIAL E DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA NOVA LEI DA XURISDICIÓN SOCIAL"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-madrid-unha-xornada-informativa-sobre-os-aspectos-de-seguridade-social-e-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-madrid-una-jornada-informativa-sobre-los-aspectos-de-seguridad-social-y"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-madrid-una-jornada-informativa-sobre-els-aspectes-de-seguretat-social-i"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/madrilen-informazio-jardunaldi-bat-antolatu-da-eskumen-sozialaren-lege-berrian-dauden"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-madrid-unha-xornada-informativa-sobre-os-aspectos-de-seguridade-social-e-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# CELEBROUSE EN MADRID UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE OS ASPECTOS DE SEGURIDADE SOCIAL E DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA NOVA LEI DA XURISDICIÓN SOCIAL



25/11/2011

Novedades

 O pasado 23 de novembro celebrouse no [hospital de Fraternidad-Muprespa ](/mutua-Fraternidad-Muprespa-red-centros.html?ccentro=6009)(Paseo de la Habana 83-85, Madrid) unha xornada informativa sobre a recente Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

 Para explicar o seu contido, obxectivo, repercusión e afección, contouse cun grande elenco de expertos na materia. A primeira parte da xornada correu a cargo do profesor D. Carlos Alfonso Mellado, catedrático de Dereito do Traballo, Universidade de Valencia, que centrou a súa conferencia nunha ampla explicación dos principais aspectos que se ven afectados pola Lei 36/2011, con especial atención ao que considera os obxectivos fundamentais: As competencias, as Regras xerais e as Regras específicas.

 O elemento esencial que define e caracteriza esta Lei é a "Prevalencia do carácter normativo", quedando amparada nela todas as obrigas legais e convencionais que xurdan en materia de [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais) en todos os ámbitos e para todos os actores.

 Segundo o profesor, a "eliminación de Xurisdicións pero non de Órganos" é outro elemento clave que modifica a Lei. Unifica na Orde Xurisdicional Social o coñecemento e tramitación de todas as cuestións litixiosas relacionadas cos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.

 Tamén se celebrou a mesa redonda "A aplicación da Lei de xurisdición social en materia de seguridade social e prevención de riscos laborais", composta por D. José Manuel Martín Martín, socio director de Sagardoy Abogados; D. Juan Miguel Torres Andrés, maxistrado, presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid; D. Juan Sebastián Fdez.-Simal, inspector de Traballo e SS, Unidade de Seguridade e Saúde no Traballo, Grupo Xestión para a [prevención de riscos laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais); e Enrique Lillo, director do Gabinete Xurídico Interfederal de CC.OO. Aínda que foron moitos os aspectos que se debateron, a carga de proba representou un eixe crucial entre os asistentes, inclusive entre a participación dos mutualistas e asociados que asistiron ao acto.

 Por último, mencionar que a subdirectora xeral de Organización e Red de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), Dª Natalia Fernández Laviada, considerando o cheo de sala, as intervencións do público e o interese manifestado, convocou os asistentes para unha nova xornada que sirva de reflexión e análise sobre a implantación da nova Lei de xurisdición social.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"