---
title: "CELEBROUSE EN ZARAGOZA A XORNADA DE DIVULGACIÓN DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-zaragoza-xornada-de-divulgacion-da-mutua-fraternidad-muprespa"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/se-ha-celebrado-en-zaragoza-la-jornada-de-divulgacion-de-la-mutua-fraternidad-muprespa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/sha-celebrat-saragossa-la-jornada-de-divulgacio-de-la-mutua-fraternidad-muprespa"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatearen-zabalkuntza-jardunaldia-egin-da-zaragozan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/celebrouse-en-zaragoza-xornada-de-divulgacion-da-mutua-fraternidad-muprespa"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# CELEBROUSE EN ZARAGOZA A XORNADA DE DIVULGACIÓN DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA



14/04/2011

General

 O pasado martes, 12 de abril, na delegación da [Mutua ](/)[Fraternidad Muprespa](/) en Zaragoza, celebrouse unha xornada informativa sobre o Real Decreto 404/2010 do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinestralidade laboral. Tratáronse detidamente os trámites necesarios para realizar as solicitudes da campaña 2010, incidindo especialmente nas posibilidades que ofrece o Extranet de Fraternidad Muprespa.

 As xornadas, dirixidas a colaboradores, asesorías e empresas asociadas, rexistraron unha importante afluencia que completou o aforamento da sala de cursos da delegación.

 A xornada foi presentada por Dª. Eva Ramón Arbués, Directora Provincial en Zaragoza, contou coa presenza de D.Carlos Luis Sáez De Juan, Director Territorial, e como relator actuou D.José Luis Fernández Medina, Técnico Superior en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais).

   
   
   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"