---
title: "CLASIFICACIÓN NACIONAL DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS 2009 (CNAE-2009) - REAL DECRETO 475/2007 DO 13 DE ABRIL."
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/clasificacion-nacional-de-actividades-economicas-2009-cnae-2009-real-decreto-4752007-do-13"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/clasificacion-nacional-de-actividades-economicas-2009-cnae-2009-real-decreto-4752007-de-13"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/classificacio-nacional-dactivitats-economiques-2009-cnae-2009-reial-decret-4752007-de-13"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/ekonomia-jardueren-2009ko-sailkapen-nazionala-ejsn-2009-4752007-errege-dekretua-apirilaren"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/clasificacion-nacional-de-actividades-economicas-2009-cnae-2009-real-decreto-4752007-do-13"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# CLASIFICACIÓN NACIONAL DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS 2009 (CNAE-2009) - REAL DECRETO 475/2007 DO 13 DE ABRIL.



26/11/2008

Normativa

| CLASIFICACIÓN NACIONAL DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS 2009 (CNAE-2009) - REAL DECRETO 475/2007 DO 13 DE ABRIL. |  |
|---|---|



| Acceda á información actualizada para o ano 2010 sobre a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (\[CNAE) e as novas tarifas oficiais.   [Acceder ao contido](/contenido.aspx?x=6&y=8&z=10)        A partir do 1 de xaneiro de 2009 entrará en vigor o Real Decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009.        Para aquelas empresas que segundo os cadros de equivalencias entre CNAE 93 e CNAE 09 elaborado polo Instituto Nacional de Estatística, o actual código CNAE 93 a por separado en varios CNAE 09, será necesaria a anotación do código correcto por parte do empresario.        Para levar a cabo a anotación referida, a Tesouraría habilitou unha nova transacción en liña a través da cal se poden consultar os posibles códigos de CNAE -2009 que poden resultar de aplicación a unha empresa en función do seu actual CNAE (93) e anotar, de entre os posibles, o código CNAE-2009 que mellor defina a súa actividade.        A nova transacción denomínase "Anotación de Actividade Económica" e atópase operativa dende o pasado 16 de abril de 2008.        A devandita anotación deberá efectuarse antes do 1 de novembro de 2008, dado que se chegada esa data non se fixese a anotación, por parte da Tesouraría procederase a realizar unha conversión automática, designándolle o código que corresponda ao tipo de cotización para AT do valor máis alto de entre os posibles que lle puidese corresponder.        Esta conversión realizarase no mes de novembro, podéndose consultar o valor asignado a través das transaccións do Sistema RED nas que aparece este dato, ademais de na transacción específica de anotación/consulta de CNAE 09.  --- |
|---|
| Documentación asociada:  [Táboa Correspondencia CNAE 93-09](;)  ---------  [Notas explicativas - INE](;)   [Real Decreto - BOE](;)  ---  ---  Ligazón relacionada:  [Inst. Nacional Estatística - INE](http://www.ine.es)  ---------  ---  --- |
|---|