---
title: "COA VERSIÓN DIXITAL VOLVEMOS Á EDICIÓN DA REVISTA LA MUTUA!"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/coa-version-dixital-volvemos-edicion-da-revista-la-mutua"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/con-la-version-digital-volvemos-la-edicion-de-la-revista-la-mutua"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/amb-la-versio-digital-tornem-ledicio-de-la-revista-la-mutua"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/bertsio-digitalari-esker-la-mutua-aldizkaria-berriro-argitaratuko-dugu"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/coa-version-dixital-volvemos-edicion-da-revista-la-mutua"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# COA VERSIÓN DIXITAL VOLVEMOS Á EDICIÓN DA REVISTA LA MUTUA!



24/01/2011

Publicaciones

 Este número 22, en formato exclusivamente dixital, retoma a publicación da revista "La Mutua". Este número, o décimo cuarto e último desta segunda etapa, pon o broche final aos máis de 150 artigos e outros tantos autores que dende 2002 deron vida á revista.

 Co título A SEGURIDADE NO TRABALLO: A ORIXE DA PREVENCIÓN presentamos hoxe catorce traballos que nos falan da seguridade en diferentes sectores de actividade:  
   
\- A minaría co artigo de Javier Madera, Manuel Martínez e outros.  - A siderurxia onde da man de López Carrascosa, Menéndez e García  
   
\- Naranjo se nos conta a historia da seguridade na antiga Ensidesa.  
   
\- José Antonio Lagares fálanos dos Estaleiros e os riscos de síntese.  
   
\- O sector eléctrico dende o punto de vista de Endesa.  
   
\- E tamén nas Obras públicas e na Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.   
 Destacamos tamén polo seu traballo de investigación a Emili Castejón co seu artigo A Seguridade no traballo: evolución e retos actuais e a Antonio Muñoz Muñoz que dende o seu artigo A seguridade industrial. Evolución e situación actual nos dá o punto de vista do Ministerio de Industria.  
   
 Do método Feedback aplicado ao estudo da seguridade de máquinas fálannos Stefano Boy e Ulrico Bamberg.  
   
 E temos dous traballos máis relacionados cos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. O primeiro de Alejo Fraile e o segundo de Pablo López Calle.  
   
 Mención especial ten o traballo realizado polo Departamento de Educación Física e deportiva da Universidade de León, Tragsa e Fraternidad Muprespa reflectido no artigo Sobreesforzo en persoal especialista en extinción de incendios forestais (P.E.E.I.F.) que foi premiado en varias ocasións. E cuxo premio recibido foi o Batefuegos de Oro 2010 á mellor investigación sobre a condición física, fatiga e rendemento do persoal das brigadas forestais de extinción.  
   
 Sen esquecer o noso Observatorio cun artigo sobre a apnea do sono.  
   
 Esperamos que sexa do seu agrado.

---

   
 [Acceder](/gl-ES/revista-mutua.html) Ver o novo número publicado da revista   
 [Acceder](/gl-ES/revista-subscricion.html) Quero subscribirme á revista "La Mutua"   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"