---
title: "CORREOS, EMPRESA ASOCIADA A FRATERNIDAD-MUPRESPA, OBTÉN A CERTIFICACIÓN DE EMPRESA SAUDABLE"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/correos-empresa-asociada-fraternidad-muprespa-obten-certificacion-de-empresa-saudable"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/correos-empresa-asociada-fraternidad-muprespa-obtiene-la-certificacion-de-empresa"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/correos-empresa-associada-fraternidad-muprespa-obte-la-certificacio-dempresa-saludable"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/correos-ek-fraternidad-muprespa-ri-lotutako-erakundeak-enpresa-osasungarriaren-ziurtagiria"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/correos-empresa-asociada-fraternidad-muprespa-obten-certificacion-de-empresa-saudable"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# CORREOS, EMPRESA ASOCIADA A FRATERNIDAD-MUPRESPA, OBTÉN A CERTIFICACIÓN DE EMPRESA SAUDABLE



23/12/2015

General

Correos, empresa asociada á Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, recibiu da man de Applus+, primeira multinacional de certificación, inspección e ensaios en España, a certificación de Empresa Saudable, que ten validez trianual e seguimento anual.  
   
 Esta certificación recoñece e diferencia as compañías comprometidas coa seguridade, o benestar e a saúde dos empregados, como Correos, que é a primeira empresa pública que a obtivo en España.  
   
 O director de Recursos Humanos, D. Luis Pérez Capitán, recibiu a certificación en nome de Correos.   
   
 Un ámbito de traballo saudable é aquel no que todos os traballadores colaboran nunha mellora continua coa que promover e protexer a saúde, seguridade e benestar da empresa, para garantir o cumprimento das normativas medioambientais e de calidade.  
  
 Como empresa segura, saudable e sostible, ademais débese cumprir coa legalidade en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais), xestionando a saúde dos traballadores dende un enfoque integral e considerar a saúde en todas as políticas da empresa.  
   
 Dende [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) dámoslle a Correos a nosa máis sincera felicitación polo certificado obtido.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"