---
title: "DICIONARIO PRÁCTICO PARA ENTENDER AS MUTUAS"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/dicionario-practico-para-entender-mutuas"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/diccionario-practico-para-entender-las-mutuas"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/diccionari-practic-entendre-les-mutues"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/mutualitateak-ulertzeko-hiztegi-praktikoa"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/dicionario-practico-para-entender-mutuas"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# DICIONARIO PRÁCTICO PARA ENTENDER AS MUTUAS



21/03/2008

Novedades

En Fraternidad Muprespa somos conscientes de que moitos dos trámites, entre a Mutua e os seus Mutualistas, ou palabras que se utilizan nestes trámites, non son sinxelos de entender nin, dada a cantidade, doados de coñecer e lembrar. No noso afán de busca da claridade, e co fin último de facilitarmos a comprensión e accesibilidade á información, habilitamos un Glosario (ou dicionario) de termos na nosa Web. Este Glosario recolle, define e relaciona aquelas palabras e conceptos do sector das Mutuas de Accidente de Traballo que son habitualmente utilizados e non sempre coñecidos.   
  
 Para facer uso da aplicación, pode acceder directamente ao Glosario de termos, onde se facilita a busca dos termos ou conceptos desexados a través da súa ordenación alfabética:   
 [Glosario de termos](/gl-ES/servizo/DICCIONARIO-DE-TERMOS-MUTUA.html)   
  
 Ou ben, pode acceder ao Buscador de termos, onde se habilita a busca dos termos a través da busca por palabras clave:   
 [Buscador de termos](/gl-ES/servizo/BUSCADOR-DE-TERMOS-MUTUA.html)   
  
 (*) Ademais encontrará ao longo dos contidos da Web, termos subliñados por unha fina liña descontinua de cor verde. Ao situar o cursor sobre o termo mostrarase, a través dun bocadillo, o inicio da definición, podendo saltar á definición completa ou ao resto do glosario.   
  
 ![Exemplo de termo incluído no glosario de palabras e apertura do globo que mostra a definición]()   
  
 Calquera das vías anteriormente descritas para acceder á definición dun termo ofreceralle a posibilidade de acceder facilmente aos termos relacionados con este, podendo formarse unha idea clara e rápida do tema tratado.   
  
---

 (*) Para que esta funcionalidade sexa accesible, é importante ter en conta que resulta imprescindible ter o Javascript activo no navegador.   
 Para máis información [prema aquí.](/contenido_aux.aspx?gen=8)