---
title: "<b>EDIFICIOS SINGULARES DE FRATERNIDAD MUPRESPA:</b> \"HOSPITAL MADRE DE DIOS\" - MIGUEL FISAC"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/edificios-singulares-de-fraternidad-muprespa-hospital-madre-de-dios-miguel-fisac"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/edificios-singulares-de-fraternidad-muprespa-y-hospital-madre-de-dios-de-miguel-fisac"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/edificis-singulars-de-fraternidad-muprespa-hospital-madre-de-dios-miguel-fisac"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ko-eraikin-singularrak-hospital-madre-de-dios-miguel-fisac"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/edificios-singulares-de-fraternidad-muprespa-hospital-madre-de-dios-miguel-fisac"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# &lt;b&gt;EDIFICIOS SINGULARES DE FRATERNIDAD MUPRESPA:&lt;/b&gt; "HOSPITAL MADRE DE DIOS" - MIGUEL FISAC



05/11/2009

Centros FM

Población

Madrid

 

| DATOS DO EVENTO |  |
|---|---|



| O Hospital de Día de Fraternidad Muprespa situado na rúa de Madre de Dios 42 de Madrid é obra do arquitecto Miguel Fisac (1913-2006).        Na construción deste edificio construído no ano 1969, Miguel Fisac empregou por primeira vez, e patentou a técnica de encofrados realizados con plásticos e cordas que confire ao formigón un aspecto amolecido.        Miguel Fisac recibiu, entre outras condecoracións, a Medalla de Ouro do Consello Superior de Colexios de Arquitectura en 1994, Premio Antonio Camuñas en 1997 e o Premio Nacional de Arquitectura en 2003. Entre as súas obras máis coñecidas destacan o Centro de Estudos Hidrográficos (Madrid), Edificio de Laboratorios Jorba, La Pagoda (Madrid), Edificio central do CSIC (Madrid); ou o Edificio de IBM no Paseo da Castellana (Madrid).        Dende a mutua [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) queremos destacar a importancia que lle damos á conservación e mantemento dos edificios que forman parte do noso Patrimonio Histórico e que, pola súa importancia arquitectónica ou monumental, son de interese xeral para a sociedade, como acontece con esta emblemática construción ou o edificio da sede social de Fraternidad-Muprespa, no número 3 da Pza. Cánovas del Castillo, que está considerado como edificio histórico protexido.  --- |
|---|
| Ligazóns de interese:  [Fundación Miguel Fisac](http://www.fundacionfisac.org/)  ---------  ---  --- |
|---|
| [Biografía Miguel Fisac](http://es.wikipedia.org/wiki/Miguel_Fisac)  ---------  ---  --- |
|---|
| [Ficha do centro - Hospital Madre de Dios](/cacentros.aspx?ccentro=443&google_map=Calle%20MADRE%20DE%20DIOS%2042%20Madrid%20Madrid)  ---------  ---  --- |
|---|
| A súa obra:    ------ |
|---|



"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"