---
title: "Educar na prevención: Xornada realizada no colexio La Milagrosa de La Orotava de Tenerife "
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/educar-na-prevencion-xornada-realizada-no-colexio-la-milagrosa-de-la-orotava-de-tenerife"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/educar-en-la-prevencion-jornada-realizada-en-el-colegio-la-milagrosa-de-la-orotava-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/educar-en-la-prevencio-jornada-celebrada-al-colegio-la-milagrosa-de-la-orotava-de-tenerife"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/prebentzioan-heztea-tenerifeko-la-milagrosa-de-la-orotava-ikastetxean-antolatutako"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/educar-na-prevencion-xornada-realizada-no-colexio-la-milagrosa-de-la-orotava-de-tenerife"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Educar na prevención: Xornada realizada no colexio La Milagrosa de La Orotava de Tenerife 



03/05/2017

Semana de la prevención

Con motivo da II Semana da Prevención, Fraternidad-Muprespa, [Mutua Colaboradora coa Seguridade Social](https://www.fraternidad.com/es-ES/mutua-colaboradora-con-la-seguridad-social), organizou o día 27 de abril en Santa Cruz de Tenerife, no colexio La Milagrosa de La Orotava, unhas charlas divulgativas sobre prevención baixo o título “Educar na Prevención”.

Raquel Domínguez Hernández, asesora técnica de Fraternidad-Muprespa, inaugurou o acto agradecendo aos alumnos a súa presenza e explicou os obxectivos da charla, destinada a nenos de entre 8 anos e 16.

Miguel Ángel Martín de León, técnico de prevención de Fraternidad-Muprespa, desenvolveu un interesante relatorio explicativo e dinámico no que tamén interviñeron os asistentes.

A continuación, Zaira Barreto Rodríguez, DUE da Mutua, impartiu o curso de primeiros auxilios, que resultou moi interesante para os alumnos.

Finalmente,  clausurouse a xornada indicando o importante que é ter unha cultura preventiva dende a escola. Ao rematar a exposición, agradeceuse a asistencia a todos os presentes, que manifestaron o interesante que foi a xornada.