---
title: "Emendar datos na solicitude de prestacións por Cesamento de Actividade dos autónomos, agora máis doado"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/emendar-datos-na-solicitude-de-prestacions-por-cesamento-de-actividade-dos-autonomos-agora"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/subsanar-datos-en-la-solicitud-de-prestaciones-por-cese-de-actividad-de-los-autonomos"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/esmenar-dades-de-la-sollicitud-de-prestacions-cessament-dactivitat-dels-autonoms-ara-mes"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/orain-errazagoa-da-autonomoek-jarduera-utzi-izanagatiko-prestazio-eskabideko-datuak"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/emendar-datos-na-solicitude-de-prestacions-por-cesamento-de-actividade-dos-autonomos-agora"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/correcting-data-in-the-application-for-benefits-due-to-cessation-of-activity-for-the-self-employed-now-easier"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Emendar datos na solicitude de prestacións por Cesamento de Actividade dos autónomos, agora máis doado



28/05/2020

General

Fraternidad-Muprespa, ao igual que o resto de Mutuas Colaboradoras coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), encárgase da xestión desta prestación extraordinaria. A súa prioridade foi, e sigue sendo, axudar os traballadores autónomos afectados pola situación especial derivada da promulgación do estado de alarma, motivo polo cal se decidiu conceder a prestación extraordinaria coa maior rapidez.

Tal e como difundiu o Ministerio de Inclusión, [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) e Migracións, “para acceder a esta prestación, o traballador ou traballadora por conta propia debe estar inscrito no réxime da [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) correspondente e verse afectado polo peche do negocio debido á declaración do estado de alarma ou ter sufrido unha mingua do 75% na facturación do mes natural anterior á data da solicitude. Para acreditar a perda de ingresos, o solicitante debe achegar a información contable que o xustifique. Se non está obrigado a levar documentación de contabilidade, valerá calquera medio de proba admitido en dereito, como o taxímetro no caso dos taxistas.”

En ningún momento Fraternidad-Muprespa vai suspender ningunha prestación extraordinaria, agás que o solicite expresamente o interesado.

En caso de que sexa necesario modificar ou emendar as solicitudes, a Oficina Dixital de Fraternidad-Muprespa ofrece a posibilidade de consultar as iniciais e actualizalas.

[TODA A INFORMACIÓN AQUÍ](https://www.fraternidad.com/es-ES/subsanacion-solicitud-de-prestacion-extraordinaria-para-autonomos-por-motivo-del-covid-19)[ ](https://www.fraternidad.com/es-ES/subsanacion-solicitud-de-prestacion-extraordinaria-para-autonomos-por-motivo-del-covid-19)

Fraternidad-Muprespa evidencia co acceso dixital a estes formularios que a súa máxima é e seguirá sendo a de facilitar ao máximo a concesión das prestacións extraordinarias motivadas polo estado de alarma, conscientes como somos da difícil situación que atravesan os nosos mutualistas e autónomos adheridos.

Fraternidad-Muprespa aboou hoxe de novo a prestación extraordinaria para autónomos impulsada para facer fronte á crise provocada pola COVID-19. Destináronse a case 88.000 autónomos, por un importe acumulado de máis de 161 millóns de euros. No conxunto das Mutuas, aboáronse 1.200 millóns de euros, a un total de máis de 1,4 millóns de autónomos.