---
title: "ENQUISAS DE CALIDADE DA MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA. GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/enquisas-de-calidade-da-mutua-fraternidad-muprespa-grazas-pola-sua-colaboracion"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/encuestas-de-calidad-de-la-mutua-fraternidad-muprespa-gracias-por-su-colaboracion"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/enquestes-de-qualitat-de-la-mutua-fraternidad-muprespa-gracies-la-vostra-collaboracio"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespa-mutualitatearen-kalitate-inkestak-eskerrik-asko-zure-laguntzagatik"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/enquisas-de-calidade-da-mutua-fraternidad-muprespa-grazas-pola-sua-colaboracion"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# ENQUISAS DE CALIDADE DA MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA. GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN



10/11/2011

General

 Na antesala do [Día Mundial da Calidade](/es-ES/noticias/2011/10/18/DIA-MUNDIAL-DE-LA-CALIDAD-AYUDANOS-VOTANDO_341.html), dende [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) lanzáronse dúas enquisas. Na [primeira](/encuesta.aspx?idEn=5) delas, preguntábase se realizar o traballo con calidade axuda ou non a unha empresa a diferenciarse da competencia; a resposta foi contundente, pois o 91% dos votantes opinaron que si.

 Na [segunda](/encuesta.aspx?idEn=6) enquisa, onde se consultaba sobre a importancia de coñecer a opinión dos clientes, as respostas foron dispares; se ben a maioría das persoas que expresaron a súa opinión consideran necesario coñecer a satisfacción dos clientes, non hai unanimidade sobre como aproveitar o coñecemento que achega a unha empresa saber as necesidades, expectativas e percepcións dos seus clientes.

 En [Fraternidad-Muprespa](/) apostamos pola calidade, como queda reflectido na nosa [misión](/es-ES/contenidos/MISION-VISION-Y-VALORES_2_5_0.html) e [valores](/es-ES/contenidos/MISION-VISION-Y-VALORES_2_5_0.html).

* 1.ª Enquisa: 462 votacións
 
* 2.ª Enquisa: 100 votacións
 
 ![2.ª Enquisa mutua Fraternidad-Muprespa]()

 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"