---
title: "ENTRADA EN VIGOR DAS LEIS 39 E 40 SOBRE PROCEDEMENTOS E RÉXIME XURÍDICO DO SECTOR PÚBLICO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/entrada-en-vigor-das-leis-39-e-40-sobre-procedementos-e-rexime-xuridico-do-sector-publico"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/entrada-en-vigor-de-las-leyes-39-y-40-sobre-procedimientos-y-regimen-juridico-del-sector"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/entrada-en-vigor-de-les-lleis-39-i-40-sobre-procediments-i-regim-juridic-del-sector-public"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/sektore-publikoko-prozedura-eta-araubide-juridikoari-buruzko-39-eta-40-legeak-indarrean"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/entrada-en-vigor-das-leis-39-e-40-sobre-procedementos-e-rexime-xuridico-do-sector-publico"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# ENTRADA EN VIGOR DAS LEIS 39 E 40 SOBRE PROCEDEMENTOS E RÉXIME XURÍDICO DO SECTOR PÚBLICO



04/10/2016

Novedades

[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), recórdalle que o pasado 2 de outubro entraron en vigor as seguintes leis:

* Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
* Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
 
Estas preséntanse como piares sobre os que se asenta o dereito administrativo español.

Propoñen superar as deficiencias que tradicionalmente se viñeron atribuíndo ás administracións españolas, con procedementos administrativos demasiados complexos que, en ocasións, xeraron problemas de inseguridade xurídica.

Entre outras novidades, cómpre salientar que os sábados deixan de ser días hábiles para os efectos administrativos e a importancia que adquire a relación coas administracións, a través dos medios electrónicos.

Quedan derrogadas, entre outras, a Lei 30/1992 do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dentro do [Recanto do Colaborador da Mutua](/extranet/rincon-colaborador), no seu foro aparece o recordatorio das citadas leis. Invitámolo a que se dea de alta neste servizo, onde ademais poderá encontrar unha ampla biblioteca xurídica con xurisprudencia relacionada co noso sector, convenios colectivos, lexislación laboral, axenda fiscal e foro de debate, entre outros.

[Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), sempre ao seu servizo, ofrécelle todas as novidades que poidan resultar do seu interese.

 [ ](/extranet/rincon-colaborador) [Descargar](;)Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

 [Descargar](;)Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"