---
title: "ENTREGA A FRATERNIDAD-MUPRESPA DA MEDALLA EUROPEA AO MÉRITO NO TRABALLO"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/entrega-fraternidad-muprespa-da-medalla-europea-ao-merito-no-traballo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/entrega-fraternidad-muprespa-de-la-medalla-europea-al-merito-en-el-trabajo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/lliurament-fraternidad-muprespa-de-la-medalla-europea-al-merit-al-treball"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/laneko-merituaren-europako-domina-jaso-du-fraternidad-muprespak"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/entrega-fraternidad-muprespa-da-medalla-europea-ao-merito-no-traballo"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# ENTREGA A FRATERNIDAD-MUPRESPA DA MEDALLA EUROPEA AO MÉRITO NO TRABALLO



08/11/2016

Novedades

O pasado venres 4 de novembro celebrouse a entrega da Medalla europea ao Mérito no Traballo que outorga a Asociación Europea de Economía e Competitividade no Hotel Westin Palace de Madrid.  
   
 Esteban Mate, subdirector xeral de Xestión de [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa), recibiu a medalla en nome do presidente da Mutua, Carlos Espinosa de los Monteros e agradeceu a todos os empregados da Mutua que son os verdadeiros artífices do éxito, así como ás empresas asociadas que outorgan cada día a súa confianza en [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa). As distincións foron impostas pola presidenta de honor da Asociación a Excma. Sra. D.ª Myriam de la Sierra y Urquijo.  
   
 A Asociación Europea de Economía e Competitividade naceu co obxectivo de promover, desenvolver e recoñecer os mecanismos das empresas que fomenta<a></a>n un bo desenvolvemento empresarial dentro do marco europeo. A actividade da Asociación está encamiñada a crear futuro para as empresas, entendendo futuro en termos positivos e sostibles.   
   
 [Fraternidad-Muprespa](/gl-ES/fraternidad-muprespa) conseguiu por parte de [AENOR](/gl-ES/aenor) a certificación do Sistema de Xestión da Calidade para 92 dos seus centros e o Sistema de Xestión Ambiental para outros 26. Ademais, recentemente entregáronnos os distintivos indicadores do grao de accesibilidade DIGA que outorga a Fundación Shangri-La, para todos eles.  
   
 O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, concedeulle o Distintivo “Igualdade na Empresa” por destacar no desenvolvemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.   
   
 Conta co selo de Madrid Excelente, marca de garantía do goberno da Comunidade de Madrid, que recoñece e certifica a calidade e a excelencia na xestión global na empresa.  
   
 Tamén foi galardoada co Premio Prevencionar á Comunicación en [Prevención de Riscos Laborais](/gl-ES/prevencion-de-riscos-laborais).

   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"