---
title: "Escola de Prevención: Xornada realizada no colexio Instituto Secular Hogar de Nazaret de Badaxoz "
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/escola-de-prevencion-xornada-realizada-no-colexio-instituto-secular-hogar-de-nazaret-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/escuela-de-prevencion-jornada-realizada-en-el-colegio-instituto-secular-hogar-de-nazaret"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/escuela-de-prevencion-jornada-realizada-en-el-colegio-instituto-secular-hogar-de-nazaret"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/prebentzioaren-eskola-badajozeko-secular-hogar-de-nazaret-institutuan-antolatutako"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/escola-de-prevencion-xornada-realizada-no-colexio-instituto-secular-hogar-de-nazaret-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Escola de Prevención: Xornada realizada no colexio Instituto Secular Hogar de Nazaret de Badaxoz 



03/05/2017

Semana de la prevención

Con motivo da II Semana da Prevención, Fraternidad-Muprespa, [Mutua Colaboradora coa Seguridade Social](https://www.fraternidad.com/es-ES/mutua-colaboradora-con-la-seguridad-social), organizou o día 28 de abril en Badaxoz, no colexio Instituto Secular Hogar de Nazaret, unhas charlas divulgativas sobre Prevención e Primeiros Auxilios baixo o título “A prevención na escola” e que contou coa participación de máis de 200 alumnos.

O director provincial, Antonio Fernández de la Concha Castañeda, agradeceu a asistencia a todos os presentes e comentou a importancia do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, ademais de recordar a profesores e alumnos que a prevención ten que comezar a idades temperás.

A continuación, Horacio Valcárcel Maqueda, técnico de prevención de Fraternidad-Muprespa, desenvolveu un interesante relatorio destinado aos alumnos de primaria e secundaria, no que resaltou a importancia da prevención no ámbito escolar.

Posteriormente, impartiuse un curso de primeiros auxilios, que resultou moi interesante para todos os presentes.

A xornada foi moi ben valorada por alumnos e profesores, os cales estarán pendentes de próximas convocatorias realizadas pola nosa Entidade.