---
title: "ESCULTURA ESCOLÁSTICO ZALDÍVAR"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/escultura-escolastico-zaldivar"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/escultura-escolastico-zaldivar"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/escultura-escolastico-zaldivar"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/escolastico-zaldivar-eskultura"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/escultura-escolastico-zaldivar"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# ESCULTURA ESCOLÁSTICO ZALDÍVAR



24/07/2013

Novedades

Na celebración da Xunta Xeral Ordinaria da Mutua, por primeira vez fíxose entrega do Premio Escolástico Zaldívar ao mellor proxecto presentado polas nosas empresas asociadas e que premia a proxección e posta en marcha de accións destinadas a garantir a seguridade e saúde dos traballadores con [discapacidade](/gl-ES/discapacidade).

Como complemento ao premio económico decidiuse a realización dunha escultura conmemorativa. Dado que o premio ía dirixido á prevención dos discapacitados nas empresas, o mellor xeito de relacionalo era que unha persoa de capacidades diferentes realizase a escultura.

Deste xeito buscamos fundacións que se dedicasen a promover a arte e encontramos a [Fundación DALMA](http://www.fundaciondalma.org/es/), que ten un proxecto CONTODOARTE con varios pintores e un escultor, Álvaro Moreno Mazarredo, o noso artista.

Propuxémoslle varios temas e finalmente decidimos que realizar o logo da Mutua era a mellor opción. E así empezou a escultura, ao principio plana, despois con volume, máis rústica, etc.

Foi un grande esforzo para el, pero xa forma parte da historia de Fraternidade-Muprespa e sabemos que está moi orgulloso de selo. E para nós é unha satisfacción ver que o resultado final foi o esperado.

Tivemos unha relación perfecta, a cada detalle que lles pediamos, nunca había unha negativa pola súa banda e fixéronnos todo tan doado que non temos máis que palabras de agradecemento, tanto para Álvaro, para a súa irmá e coma para a directora da Fundación, Charo.

Achegámoslles un vídeo da Fundación DALMA, para que vexan o proxecto que teñen. Esperamos que lles guste.

 [](/fmTV/Escultura%20Escol%E1stico%20Zald%EDvar%20(fundaci%F3n%20DALMA)_Mutua-CEV0062.html) [VÍDEO FUNDACIÓN DALMA

 ![]()VER VÍDEO ](/fmTV/Escultura%20Escolástico%20Zaldívar%20(fundación%20DALMA)_Mutua-CEV0062.html)   
 "A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"