---
title: "Eu felicito, ti felicitas, Fraternidad-Muprespa felicita"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2025-10-24"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/eu-felicito-ti-felicitas-fraternidad-muprespa-felicita"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/yo-felicito-tu-felicitas-fraternidad-muprespa-felicita"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/jo-felicito-tu-felicites-fraternidad-muprespa-felicita"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/nik-zoriontzen-dut-zuk-zoriontzen-duzu-fraternidad-muprespa-mutualitateak-zoriontzen-du"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/eu-felicito-ti-felicitas-fraternidad-muprespa-felicita"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/i-congratulate-you-congratulate-fraternidad-muprespa-congratulate"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Eu felicito, ti felicitas, Fraternidad-Muprespa felicita



15/12/2021

Felicitaciones

Nadal é, entre outras cousas, compartir, soñar, sorrir, recordar, reunir, gozar, saír, quedar, descubrir... e, abofé, felicitar.

Un ano máis, dende Fraternidad-Muprespa axudámosche a facelo de moitas maneiras, a través de material deseñado para que poidas dirixirte aos teus, a amigos, compañeiros, familiares, provedores, colegas, clientes... a calquera persoa a quen desexes o mellor para estas festas e para o ano próximo.

Poñemos ao teu alcance 18 deseños de tarxetas de felicitación con múltiples formatos e en varios idiomas, [para que escollas as máis apropiadas para ti](/felicita-las-fiestas-con-FM).

E se es dos que gozan vestindo a pantalla do ordenador de acordo a cada época do ano, deseñamos tres imaxes diferentes, [fondos](/download/fondos-de-escritorio-de-navidad-2021) nos que vemos tanto motivos do Nadal coma algúns propios da nosa actividade como Mutua e os lemas que nos acompañaron e acompañarán.

Por último, Fraternidad-Muprespa elaborou unha felicitación en vídeo coa que quere compartir contigo os seus mellores desexos nestas festas, felicitación que, á súa vez, se pode reenviar libremente vía correo electrónico.

{"preview\_thumbnail":"/sites/default/files/styles/video\_embed\_wysiwyg\_preview/public/video\_thumbnails/pq4QXI20A9A.jpg?itok=fbSnUIyT","video\_url":"https://youtu.be/pq4QXI20A9A","settings":{"responsive":1,"width":"854","height":"480","autoplay":0},"settings\_summary":\["Embedded Video (Adaptable)."\]}

En resumo, diferentes e variadas opcións para reforzar lazos, acurtar distancias, querer e sentirnos queridos nestas datas tan entrañables.

Fraternidad-Muprespa deséxache de corazón un moi Bo Nadal!