---
title: "Éxito na I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/exito-na-i-marcha-pola-prevencion-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/exito-en-la-i-marcha-por-la-prevencion-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/exit-en-la-i-marxa-la-prevencio-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/arrakasta-ferroleko-fraternidad-mupresparen-prebentzioaren-aldeko-i-ibilaldian"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/exito-na-i-marcha-pola-prevencion-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Éxito na I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol



25/04/2017

Semana de la prevención

Na mañá de domingo do 23 de abril de 2017 tivo lugar a I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol. Tivo lugar no Parque Natural Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa que segue o curso do río Eume.

A ruta de sendeirismo circular, dunha lonxitude de aproximadamente 7 km de distancia, transcorre dende a central eléctrica de Ventureira, na Capela, chega ao mosteiro de Caaveiro e sube de novo á central pola beira do río Eume.

Ao acto acudiron tanto traballadores de diversas empresas asociadas á Mutua coma colaboradores, familiares e amig@s, aos que, dende a Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa Delegación de Ferrol, queremos agradecer a súa participación.

Esta actividade encóntrase integrada entre os distintos actos que a Mutua realizará na Semana da Prevención, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo.

Baixo o lema "A meta é a túa Saúde", esperamos mobilizar o maior número de participantes que compartan a nosa convicción de que todas as lesións e enfermidades derivadas do traballo son evitables.