---
title: "EXPOSICIÓN DE CARTEIS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SÉCULO XX. AEROPORTO DE GRAN CANARIA"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/exposicion-de-carteis-de-prevencion-de-riscos-laborais-do-seculo-xx-aeroporto-de-gran"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/exposicion-de-carteles-de-prevencion-de-riesgos-laborales-del-siglo-xx-en-el-aeropuerto-de"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/exposicio-de-cartells-de-prevencio-de-riscos-laborals-del-segle-xx-aeroport-de-gran"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/xx-mendeko-lan-arriskuen-prebentzioari-buruzko-horma-irudien-erakusketa-kanaria-handiko"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/exposicion-de-carteis-de-prevencion-de-riscos-laborais-do-seculo-xx-aeroporto-de-gran"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# EXPOSICIÓN DE CARTEIS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SÉCULO XX. AEROPORTO DE GRAN CANARIA



09/12/2016

Exposicións

Población

GRAN CANARIA - Las Palmas de Gran Canaria

 

O pasado día 7 de decembro, a Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), Fraternidad-Muprespa, inaugurou no aeroporto de Gran Canaria a exposición itinerante de Carteis Españois de Prevención de Riscos Laborais do Século XX, cuxa temática está relacionada coa seguridade no traballo, a prevención e a [saúde laboral](/gl-ES/saude-laboral).   
  
A mostra tamén se puido visitar o pasado mes de novembro no aeroporto de Fuerteventura e durante o mes de outubro na sala de exposicións da terminal Interinsular (T2) do aeroporto de Lanzarote.  
  
Os 50 carteis seleccionados forman parte da Colección VECA &amp; MUGO,  que empezou a formarse no ano 1992 Carlos Velasco, e mantén na actualidade uns 7000 carteis.  
  
A inauguración desta exposición contou coa presenza do director do aeroporto de Gran Canaria Alberto Martín, a responsable de RRHH do aeroporto Ana Isabel Culebras, representantes de AENA e o director provincial das Palmas de Fraternidad-Muprespa, Carlos Macho Mishal.  
  
Os carteis estarán expostos ata o próximo 30 de decembro e estímase que serán visitados por máis de 300 000 pasaxeiros en tránsito por este aeroporto.