---
title: "Exposición virtual de fotografía “1 millón de razóns para marcar o X solidario”"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/exposicion-virtual-de-fotografia-1-millon-de-razons-para-marcar-o-x-solidario"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/exposicion-virtual-de-fotografia-1-millon-de-razones-para-marcar-la-x-solidaria"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/exposicio-virtual-de-fotografia-1-milio-de-raons-marcar-la-x-solidaria"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/x-solidarioa-markatzeko-milioi-bat-arrazoi-argazki-erakusketa-birtuala"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/exposicion-virtual-de-fotografia-1-millon-de-razons-para-marcar-o-x-solidario"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/virtual-photography-exhibition-1-million-reasons-to-mark-the-solidarity-x"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Exposición virtual de fotografía “1 millón de razóns para marcar o X solidario”



21/05/2020

General

A Plataforma de ONG de Acción Social inaugurou onte a exposición fotográfica “1 millón de razóns para marcar o X solidario”, con instantáneas de Olmo Calvo. A mostra reúne seis proxectos de diferentes ONG financiados grazas ao “X Solidario”, a parte dos impostos que poden destinarse a actividades de interese social, á Igrexa ou ambos os dous fins, de marcar ambas as dúas casas.

A través das imaxes, vese que a forma de marcar esta casa na declaración da renda dá resposta a realidades completamente distintas, pero co mesmo fin: axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade, algo que, nun contexto como o que a sociedade vive debido á crise sanitaria, social e económica que está xerando a COVID-19, é máis importante ca nunca.

A Exposición Fotográfica que se pode visitar premendo [aquí](https://www.xsolidaria.org/exposicion-un-millon-razones) componse do Programa estratéxico de promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade física e orgánica (COCEMFE); punto de información e asesoramento integral para a muller vítima de violencia de xénero ou en risco de exclusión social (Movimiento por la Paz - MPDL); proxecto de investigación social para promover o coñecemento sobre a calidade de vida das persoas con autismo e os factores que inciden nela (Confederación Autismo España); programa "Bo trato ás persoas maiores: promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato" (Cruz Vermella Española); programa servizo para o acceso á información e á comunicación das persoas xordas (FIAPAS) e programa "Atención a nenas, nenos e á xuventude con cardiopatías conxénitas hospitalizados e ás súas familias" (Fundación Menudos Corazones)

Fraternidad-Muprespa subscribiu en 2019 un acordo de colaboración coa Plataforma de ONG de Acción Social, unha organización de ámbito estatal que agrupa 33 entidades non gobernamentais que traballan a favor de colectivos vulnerables e en prol da loita contra a exclusión social.

Ata o próximo 30 de xuño está en vigor o prazo para presentar a declaración da renda.