---
title: "Fraternidad-Muprespa achega a cultura preventiva a colexios de Toledo"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-achega-cultura-preventiva-colexios-de-toledo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-acerca-la-cultura-preventiva-colegios-de-toledo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-apropa-la-cultura-preventiva-escoles-de-toledo"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-prebentzioaren-kultura-toledoko-ikastetxeetara-eraman-du"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-achega-cultura-preventiva-colexios-de-toledo"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa achega a cultura preventiva a colexios de Toledo



28/04/2017

Semana de la prevención

Con motivo do día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, Fraternidad-Muprespa, [Mutua Colaboradora coa Seguridade Social](https://www.fraternidad.com/es-ES/mutua-colaboradora-con-la-seguridad-social), organizou o día 27 de abril en Toledo unhas charlas divulgativas sobre Prevención e Primeiros Auxilios realizadas no Colexio Nuestra Señora de los Infantes, dirixidas a profesores e alumnos de 3º da ESO, cunha participación de 120 alumnos, co lema “Levar a prevención á escola”

O acto foi inaugurado polo director do colexio,  Sebastián Villalobos, e a continuación procedeuse a dar unha charla de prevención, impartida por Felipe Cuellar, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais de Fraternidad-Muprespa.

Posteriormente, a Dra. María Teresa Sánchez Rojas e María Corina Jiménez Huerta (DUE), de Fraternidad-Muprespa, desenvolveron un interesante relatorio en Primeiros Auxilios, e finalizaron o acto cunha demostración práctica de reanimación cardiopulmonar realizada en colaboración cos alumnos participantes no acto.

Finalmente Luis Sobrino Sobrino, director provincial de Fraternidad-Muprespa, clausurou a xornada indicando o importante que é ter unha cultura preventiva dende a escola.