---
title: "Fraternidad-Muprespa achega a prevención aos colexios de Xixón"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-achega-prevencion-aos-colexios-de-xixon"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-acerca-la-prevencion-los-colegios-de-gijon"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-apropa-la-prevencio-les-escoles-de-gijon"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-prebentzioa-gijongo-eskoletara-helarazi-du"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-achega-prevencion-aos-colexios-de-xixon"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa achega a prevención aos colexios de Xixón



10/05/2017

Semana de la prevención

No marco da II Semana da Prevención organizada por Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social), a delegación de Xixón achegou a cultura preventiva ás escolas, o que logrou a implicación de profesores e alumnado.

Realizáronse en varios colexios da cidade diversas actividades para dar a coñecer a cultura preventiva: concursos, actividades, entrega de carteis e trípticos co ánimo de achegar os conceptos e actitudes preventivas aos máis pequenos.

Entre os días 24 e 28 de abril no Colexio San Miguel de Xixón, levouse a cabo un concurso de debuxo, no que participaron os 300 alumnos de educación primaria, de entre 6 e 12 anos, do que resultaron gañadores alumnos de 1º, 2º e 4º de primaria, aos que o director do colexio, Miguel Ángel Campos Galán, lles fixo entrega dunha medalla de prevención de Fraternidad-Muprespa, en recoñecemento polo seu bo traballo. Este centro manifestou á Mutua o seu agradecemento pola iniciativa innovadora e implantará dentro do seu programa anual os conceptos básicos de prevención.

No Colexio Corazón de María e nas mesmas datas, realizouse entre os 100 alumnos de 4º de primaria varias accións pedagóxicas, tales como o xogo de erros e o concurso de debuxo, así como distribución de trípticos entre alumnos e profesores co obxecto de concienciar e trasladar a relevancia da prevención de riscos. O director pedagóxico de infantil e primaria, Alberto Rodríguez Redondo, entregou as medallas aos gañadores e trasladou a Fraternidad-Muprespa o seu agradecemento pola iniciativa.

Tamén se achegou a cultura preventiva ao Colexio Patronato San José, entre os 300 alumnos de 1º a 6º de primaria cun concurso de debuxo, do que resultaron gañadores 3 alumnos correspondentes a cada un dos 3 ciclos de primaria. Sor Franselina Rodríguez, directora do centro, trasladou a importancia destas iniciativas e quixo compartila coas familias dos alumnos facendo entrega dos distintivos aos gañadores, nun acto de convivencia que reuniu profesores, pais e alumnos.

Para finalizar esta semana chea de actividades, o 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, realizouse no Colexio Santo Ángel de la Guarda, entre os 200 alumnos de secundaria, unha charla de primeiros auxilios, apoiada por materiais audiovisuais, carteis e trípticos facilitados por Fraternidad-Muprespa, para tratar de concienciar os alumnos da importancia das medidas que deben tomar en situacións de urxencia. A directora do Centro, Ana Caso, manifestou o seu compromiso para continuar traballando pola prevención.